miércoles, 26 de abril de 2017

Experimentando... con 2º de Primaria

Hoxe viñeron os alumnos e alumnas de 2º de Primaria ó laboratorio para facer 4 experimentos semellantes ós dos científicos que eles están a estudar. Antes de facer o experimento, tiñan ler unha pequena guía que lles indicaba que pasos a seguir e, posteriormente, poñerse mans á obra! Por último, tiñan que cubrir unha pequena ficha coas observacións e as conclusións de cada experimento.
 O certo é que os nosos rapaces non lle teñen nada que envexar ós grandes científicos!!

Leendo a guía


Cubrindo a ficha cas conclusións


 Os experimentos realizados foron:
1.- Facer un compás caseiro. Para iso utilizaron un recipiente con auga, unha agulla de coser, que imantaron, e un anaco de cortizo. Colocaron o cortizo flotando sobre a auga e a agulla imantada. Esta comezará a xirar ata que se detén sinalando o norte.
Imantando a agulla
Colocando a agulla e o cortizo na auga
  

2.- Estudar a densidade e a refracción da luz. Para iso encheron un vaso de precipitados con auga, aceite e alcohol, observando como se quedan un enriba doutro e non se misturan (xa que teñen densidades distintas). Despois meteron un pau de madeira, e viron como parecía que este se rompía en tres fragmentos (debido a refracción).

Enchendo o vaso con alcohol
    Estudando a refracción


 
3.-Observar células vexetais no microscopio.

Mirando polo microscopio


4.- Experimento de Arquímedes: Tiveron que medir o volume do seu lapis, goma e sacapuntas utilizando unha probeta con auga. Ó introducir cada un destes elementos na probeta, a auga subía, dando o valor do volume dos obxectos que introducían. Os alumnos e alumnas tiñan que dicir cal dos tres ocupaba máis volume.

Enchendo a probeta con auga                     Mentendo o lapis na probeta

Calculando o volume da goma
 



 



No hay comentarios:

Publicar un comentario