martes, 1 de noviembre de 2016

Plantación de bulbos con infantil


Hoxe estivemos plantando cos máis pequenos! Desta vez, en lugar de hortalizas, plantamos bulbos de seis tipos distintos de plantas con flor: azafrán, fresias, crocus, narcisos, tulipáns e iris. Así, inclúse este curso no proxecto "Enverdecer o colexio". 


A actividade en cuestión definiuse baixo o nome de “O xardín dos sentidos”, pois preténdese facer unha integración do proceso de plantación con cada un dos cinco sentidos: O tacto coa manipulación de terra, sementes, etc., a vista coa observación do proceso de crecemento da planta e dos insectos que habitan na terra, o olfato co recendo das flores, o gusto coa alimentación dos froitos que dean e o oído mediante a escoita do polinización das abellas. 


Nesta actividade tamén intervén o alumnado de 2º da ESO, pois están encargados de construír unha estrutura vertical con maceteiros na que se poidan depositar as diversas plantas. Para este fin destinaranse diversas horas da asignatura de Tecnoloxía. Esta estrutura fai uso duns tubos de pvc que estaban almacenados no alpendre, favorecéndo así á súa reciclaxe. En espera a que as alumnas e alumnos de tecnoloxía rematen coa fabricación do xardín vertical, os bulbos foron colocados pallets en testos individuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario