Lixando a porta para que quede uniforme |
Unha vez seca a masilla, a porta líxase usando unha lixadora eléctrica ou manual e depois dáselle unha capa de imprimación (usando Xilamon). Esta capa asegura unha maior resistencia da porta á choiva e á humidade, moi necesario aquí en Galicia durante os meses outonais e invernais.
Geli botando a capa de imprimación |
Cando a capa de xilamon esté seca (1 ou 2 días) procédese a pintar. Neste caso nós utilizamos unha pintura lila especial para madeira, tamén resistente á humidade, que engadirá ó alpendre o toque de alegría que necesita. Ademais, temos pensado realizar debuxos de margaridas na porta a partir de plantillas, para que o lugar quede máis florido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario