viernes, 28 de octubre de 2016

Cabazas do Samaín

Vai a ser Samaín nuns días, e como tal é propio tallar cabazas das formas máis orixinais e terroríficas que te poidas imaxinar. O colexio Compañía de María realiza unha actividade que implica a pais e a alumnos, consistente nun concurso de cabazas. Neste concurso, os pais e os alumnos que queiran participar deben tallar cabazas nos seus fogares e levalas á clase. Posteriormente realízase unha voración por clase e gañan as mellores, que son expostas nun terrorífico expositor xunto a entrada. O certo é que os deseños son impresionantes!



Porén, as cabazas son froitos, e como tales, estas terminan podrecendo co paso do tempo. Tras unha semana expostas, a maioría das cabazas colleron mofos e comezaron a macerar. Co fin de aproveitalas e darlle unha segunda utilidade, escolléronse aquelas cabazas deterioradas menos pintadas e usáronse para facer compost, retirando os elementos de metal e plástico. Aquí non se desaproveita nada!


Se queres un consello para que as cabazas duren máis tempo sen podrecer, podedes utilizar o seguinte truco: unha vez baleiredes o interior das mesmas (carne e sementes), probade a introducilas nunha tina con 4 litros de auga e unha culleriña de lixivia. Unha vez a cabaza este empapada ca mistura retirádea da auga e secádea ben. A auga fortalecerá as paredes e a lixivia axudará como antibacteriano e antifúngico, polo que se manterán en perfecto estado durante máis tempo. Espero que vos sexa útil! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario