Como medio de reforzo e apoio da asignatura de Ciencias Naturais, utilizamos a clase do horto para a visualización en directo e baixo lupa dedistintas partes dos vexetais, tales como soros dos fentos, os esporófitos dos musgos, as
partes da flor (pétalos, sépalos, estames e carpelo) ou as distintas
formas de reproducción asexual (tubérculos, bulbos e estoloóns). Deste xeito conseguiuse unha mellor apreciación visual dos contidos vistos no libro de texto e un aprendizaxe máis significativo. Ademais o alumnado abraiouse co uso da lupa e disfrutou enormemente da clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario