jueves, 20 de octubre de 2016

Compost e plantación dos sementeiros.

Nesta semana comezamos coa realización do compost que nos servirá para a plantación de primavera. O compost é o resultado dun proceso controlado de descomposición de materiais orgánicos debido á actividade de alimentación de diferentes organismos (bacterias, fungos, miñocas, ácaros, insectos, etc.) en presencia de osíxeno.  Este abono orgánico constrúese con  desperdicios orgánicos, residuos de colleitas, follas secas, ramas ou palla, papel e esterco dos animais da granxa (aves, cabalos, vacas, ovellas...).

Para a realización do compost hai que botar os materiais formando capas, e os distintos animais descompoñedores encárganse de transformalo en varios meses en hummus da mellor calidade (de 3 a 6 meses). No seguinte enlace explícase con detalle tódolos pasos a seguir para a realización de compost caseiro, así como os coidados necesarios e os materias que se poden usar: http://huertodeurbano.com/consejos-mr-urbano/como-hacer-compost/.  O compost é moi beneficioso en varios niveis, pois ademais de eliminar os residuos orgánicos do fogar, pode usarse para a plantación de hortalizas ou plantas de flor,  pechando así o ciclo da materia orgánica. 

 
  Alumnas de 3ºB recollendo ramiñas e follas secas para a preparación do compost



Ademais do compost, esta semana comezamos xa coa plantación das sementes para o horto de inverno. Para facer a actividade máis divertida deseñouse unha especie de xogo chamado "Qué estou plantando?" no que, por grupos, teñen que descubrir qué semente hai no seu semillero. Que será, será...

As semillas poden ser de catro especies diferentes (A, B, C ou D), polo que para adiviñalo, o alumnado deberá observar atentamente o crecemento das plantas e anotalo nos seus cadernos. O primeiro que descubra qué planta é gañará un fabuloso premio!!



Alumas e alumnos plantando as "sementes segredas"




No hay comentarios:

Publicar un comentario