Todo grazas ó bo traballo e entusiasmo dos rapaces e, claro, tamén o bo tempo.
A comezos de marzo puxemos as patacas de Coristanco e as cebolas ¡e as cebolas xa asoman!
Son dous bos exemplos, ademáis, da reproducción asexual das plantas, pois para cultivar estas plantas non acostumamos a usar sementes, senon os tubérculos da pataca e os bulbos da cebola.
Coas cebolas non hay máis que enterrar un pouco os bulbos tendo coidado de que non lles quede aire ó redor. Para poñer as patacas collemos algunhas do ano anterior, mellor se comezan a botar a raíz, cortámolas pola metade e colocámolas nos surcos, co corte cara abaixo.
As cebolas medrando |
A primeira en asomar |
Antes de marchar para as vacacións plantamos tamén unhas cantas fresas, algunhas no chan, protexidas por unha tea antiherbas que impide o crecemento de mala herba e mantén o chan quentiño.
Puxemos outras en maceteiros colgantes feitos con botellas, pois xa tiñamos unhas cantas do ano pasado pero estiveron toda a Semana Santa sen rego e tan calurosa coma veu non lles sentou nada ben. ¡Esperemos que melloren!
Perdemos as flores, esperemos recuperar as plantas |
Fresas protexitas |
As vacacións tampouco sentaron nada ben ós sementeiros.
Perdemos a metade das cenoiras, pementos de Padrón e espinacas que antes ían tan ben.
Quenes van xenial son as coles (rizadas e de Bruselas) aínda que o seu custou.
Mentres que as rizadas comezaron a crecer sen problema ningún e así continúan as de Bruselas foron brutalmente atacadas por eirugas e caracois.
Tamén houbo algúns días de frío que non sentaron moi ben ás poucas follas que sobreviviron ós voraces animais.
A col a medio comer |
- No noso horto non usamos ningún químico artificial, así que mercar productos deste tipo quedou descartado.
- Podemos retirar manualmente ós animais pero as eirugas son moi difíciles de distinguir nas coles, pois son exactamente da mesma cor, e os caracois saen na noite ou no crepúsculo. ¡Non é hora de estar no colexio!
- As trampas de auga ou cervexa son moi efectivas contra os caracois. Só temos que enterrar uns cacharriños cos líquidos preto das coles e os caracois caerán e morrerán afogados. Nós descartamos este método polo de agora, buscaremos algún incruento.
- As barreiras ó redor das coles, no chan, con materiais que danan ou desagradan os caracois. O camiño de sal quedou descartado porque os mataría pero hai otras opcións que simplemente os repelen: cinza, cáscara de ovo triturada, cunchas esmagadas... ¡Esta foi a nosa opción!
Un dos sospeitosos habituais
Ademáis de disuadir ós caracois aportan calcio ó chan.
Matamos dous paxaros de un tiro e resguardamos as coles con botellas de plástico cortadas (¡e abertas por arriba, claro!) que protexen ás plantas e as manteñen quentiñas.
Plantón de col recuperado |
A nosa plantación ben protexida |
¡Estade atentos porque quedan moitas máis novidades!
¡Acabáranso as coles para vós! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario