Dende fai uns anos o 21 de maio celébrase o Día Europeo da Rede Natural 2000, que pretende dar a coñecer ós cidadáns a riqueza dos nosos espazos naturais.
Por que o 21 de maio?
Tal día coma o de mañá do ano 1992 aprobouse a Directiva de Hábitats europea que permitiu a protección dos ezpazos da Rede Natura.
Este ano fan seu o lema "O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo", referido ó efecto bolboreta e como podemos mellorar o noso entorno cos nosos actos e teñen unha fermosa campaña á que todos podemos contribuir sacando unha foto na que fagamos o xesto da bolboreta coas mans e subíndoa ás redes sociais ou á páxina da iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario