Este mes
tivemos un pouquiño de tregua de chuvias, así que aproveitamos para comezar a
facer os primeiros traballos no horto.Tivemos que aparcar as nosas
investigacións ata novo aviso, pero a verdade é que xa tiñamos moitas ganas de comezar cos traballos hortícolas.
Enchendo e removendo o composteiro polo equipo de compost |
A nosa labor este mes foi a de preparar os terreos para os primeiros transplantes de inverno: Abonar, traballar na preparación da compostaxe, limpar as herbas espontáneas dos espazos que imos usar para os sementeiros que temos no laboratorio... foron algunhas das tarefas que fixemos,
Unha vez listo a terreo labramos o trigo e as cenorias. Os transplantes que levamos a cabo foron de leitugas, e varios tipos de coles. Pero imos ter que protexelas ben, porque estas hortalizas encántalles ós caracois e tódolos anos temos que buscar remedios ecolóxicos para que non se dean un festín con elas.
Ademais foi
un mes de limpeza, toda a que non puidemos facer nos meses de outono polos
temporais. Por certo, comezamos a época de poda, revitalizando as nosas árbores para
que crezan máis sas e fortes.
Volvemos o mes que ven compañeir@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario