Volvemos un ano máis a horta en
compañía! Este ano o lema do noso colexio é a escoita e estamos dispostas a
traballar nela escoitando as nosos compañeiros/as e ós nosos cultivos para
facer unha gran comunidade hortícola onde podamos aprender uns dos/cos outros/as.
Este primeiro mes dedicámonos,
como de costume, a recoller as sementes dos cultivos do curso pasado, recadamos
sementes de leituga (a nosa gran aliada) e de cebola. Ademais recollemos
algunha pataca e tamén cenorias (un pouco pequenas, pero moi saborosas!).
Tamén recollemos o noso compost,
elaborado con moito agarimo polos alumnos/as do ano pasado e ,como non,
comezamos a facer a compostaxe que recolleremos o curso que ven, rico en mazás
silvestres para darlle o toque da nosa horta.
Volveremos con boas novas! Mentres
tanto, seguimos traballando arrincando as malas herbas que aproveitaron o verán
para encher os nosos muros de pintorescas tramas de Hedera helix (Hedra común).
No hay comentarios:
Publicar un comentario