Como di o refraneiro…”Dende
Santos a Nadal é inverno natural” e nós, como bos horticultores/as , hibernamos
no laboratorio pero sen perder de vista a horta, por iso estamos a preparar os
sementeiros da nosa futura colleita primaveral.
Entre chuvascos e fortes ventos comezamos
os nosos traballos de investigacións no laboratorio do colexio. Os rapaces e
rapazas de 3º e 5º de primaria convertéronse en pequenos/as científicos/as nos
seus propios traballos experimentais, utilizando de primeira man o método
científico. Grazas a el podemos darlle resposta ás preguntas que nos roldan na cachola, convertendo a experimentación na base do noso coñecemento.
Non vos imos contar o que estamos a
investigar, teredes que esperar uns meses para ver os resultados, pero si vos
podemos adiantar que como bos hortícolas o noso traballo vai sobre o solo, as
plantas e os habitantes deste pequeno ecosistema que é a nosa horta.
Ate o mes que ven compañeiros/as!
5ªEP Realizando os traballos de investigación sobre as plantas e 3ºEP sobre o solo. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario