Boas compañeiros/as,
Seguimos con moitas tarefas dende o horto. Este mes de maio a
horta encóntrase en todo o seu esplendor. Xa tivemos a primeira colleita de
leitugas que algúns afortunados/as puideron deleitar na súa casa. Pero non
soamente temos leitugas, se non que as amorodeiras están cheas!! E en breves
poderemos deleitar os primeiros amorodos da primavera.
Temos xa moitos dos cultivos ben crecidiños; acelgas,
porros, trigo, cebolo , fabas… pero tamén creceu dabondo a herba, polo que
estes días estivemos moi ocupados cortándoa e arranxando a horta. Aproveitamos
para facer mulch, pois xa que fai bo
tempo dispersámolas herbas polo terreo para
facer herba seca e así protexer os nosos cultivos e a terra.
![]() |
Colocando o mulch (acolchado ou mantillo para protexer os cultivos e o terreo) |
Os nenos/as de 3º EP traballaron moito a paciencia neste
trimestre, como? Aprendendo a facer titores para as plantas e atándoos utilizando as propias follas das herbas do
horto. O método é infalible! Non é doado pero é posible!
![]() |
Facendo os titores para as fabas. |
Os maiores tamén traballaron moi duro, limpando o noso gran
muro de hedras, coidando das nosas árbores e hortalizas e traballando na
prevención das pragas e enfermidades, tamén realizando o mantemento dos nosos compostoiros.
![]() |
Traballando xuntos tomando decisións no deseño da horta. |
Non hai que esquecer que estamos en mes de transplantes e
todos os sementeiros que fixemos no invernos xa están a puntiño, dispostos a
meterse baixo terra!
Dende o horto queremos destacar que o día 25 de Abril foi o día internacional
do ADN, celebrámolo no laboratorio facendo unha extracción do ADN de tomate.
Foi toda unha experiencia poder velo ao microscopio. Os rapaces puideron
observar a nai da diversidade, que non só os humanos temos ADN, se non tamén
tódolos seres vivos incluídas as plantas!
![]() |
Realizando a extracción do ADN de tomate. |
Despedímonos ate o mes que ven e esperamos que a horta siga
medrando, a este ritmo non nos cabe dúbida!
Vémonos no horto, sempre, en compañía! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario