As leitugas que sementamos fai semanas
xa xermolaron, agora están tomando o sol e nutríndose ben para poder
alimentarnos a nos dentro duns meses.
Grazas ao experimento que fixemos de sementar algunhas leitugas na horta e
outras no laboratorio, agora podemos ver con moita claridade como crecen as
plantas buscando a luz.
O fototropismo é unha resposta da planta ante o estímulo
luminoso, onde a planta crece cara a luz alongando o seu talo feble. Por outra
banda as leitugas que xerminaron no horta teñen as follas moito mais grandes e
un talo bastante mais pequeniño e forte.
Á esquerda temos o sementeiro do invernadoiro e á dereita o do laboratorio |
Temos que diferenciar o fototropismo do heliotropismo, pois o fototropismo
implica o crecemento da planta cara a luz, e o heliotropismo soamente implica o
seu movemento cara a luz.
Tamén puidemos ver no horto casos de tigmotropismo, esta é unha resposta direccional dunha planta ao contacto cunha superficie sólida, o efecto é o crecemento arredor dela.
Tigmotropismo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario