Encontrámonos a finais do
outono e o noso horto está cheo de follas que caen das árbores, de diferentes
cores e tonalidades. Aproveitamos a gran riqueza destas para coñecer un
pouquiño mellor todas as especies que temos, a forma das súas follas e as
propiedades de cada árbore.
Tamén recollemos as follas
para protexer o solo onde aínda non temos cultivos, para protexelo das xeadas propias
do comezo do inverno.
Por outra banda, os máis maiores estiveron
coñecendo en clase un pouquiño máis sobre o proceso de compostaxe, os materiais que se poden
usar e os microorganismos que participan neste proceso. Xa o estamos poñendo en práctica, pronto vos ensinaremos o noso abono! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario