Esta semana os alumnos de 3º de EP coñeceron un pouquiño mais acerca das
ferramentas que manexamos no horto. Para
que sirve e como se utilizan foron aspectos que vimos tanto na aula coma no horto.
É importante coñecer as nosas ferramentas para poder facer un bo uso e así
facer un bo mantemento do noso horto.
En 5º de EP estivemos coidando do horto, recollendo as follas das árbores e
as mazás do chan para preparar a compostaxe de cara a primavera e tamén
transplantamos escarola, hortaliza moi utilizada nas ensaladas.
|
Preparando os materiais para elaborar compost |
|
Preparando o terreo para transplantar escarola |
|
Recollendo as follas para o proceso da compostaxe |
No hay comentarios:
Publicar un comentario