Ola a todos/as!
Esta semana tivemos unhas aulas moi interesantes e todo grazas a
colaboración dos pais e das nais dos nosos alumnos, pois trouxéronnos distintas
estruturas de niños, entre elas puidemos ver un niño de Mantis relixiosa (ou Santa Teresa) e
coñecer un pouquiño mais sobre este insecto de grandes ollos que ten as súas
patas dianteiras recollidas ante a cabeza provistas de espiñas para suxeitar as
súas presas.
Niño de Mantis relixiosa |
Tamén observamos distintas estruturas de niños de aves, un feito con
musgo, liques e pelos de animais e outro
feito con ramas e follas das árbores, todos eles moi ben feitiños.
Niño de ave |
Por último puidemos ver o da vespa velutina, con larvas no seu interior en
distinto momento do seu desenvolvemento! Os nenos xa coñecen ben esta vespa
asiática e a ameaza sobre as poboacións das nosas abellas.
Niño de vespa velutina |
No hay comentarios:
Publicar un comentario