Os rapaces teñen moitas ganas de sementar, pero antes temos que coñecer ben
onde imos a facelo, temos que coñecer como é o noso horto.
Esta semana fixemos, mediante grupos, planos do horto. No
plano identificamos as parcelas que compoñen o noso horto e tomamos as medidas
de largo e ancho daquelas que iamos usar para o cultivo. Despois, cun compás,
determinados a orientación das parcelas e determinamos con cores as zonas de mais sombra
e as zonas de mais luz. Todo isto será útil para coñecer o lugar mais axeitado
para sementar.
Planos do horto |