Ós alumnos e alumnas de 3º pedíuselles que buscasen, por grupos, información sobre certos insectos que podemos atopar no horto (
nome, hábitat, beneficios/danos para o horto e curiosidades), para coñecelos e saber os seus beneficios ou danos para o horto. Ademais, para este
pequeno traballo, os alumnos e alumnas deberían facer unha maqueta do animal, traer algunha fotografía ou facer un debuxo do mesmo. Unha vez rematado, leron os traballos diante da clase, con resultados espectaculares. O alumnado esforzouse moito e a súailusión foi desbordante.
|
Maqueta eiruga |
|
Maqueta abellas no seu panal |
|
Maqueta crisopa |
|
Maquetas de esquerda a dereita:
escarabello da pataca, cabaliño do demo e cempés |
Aquí tedes un vídeo con fragmentos das exposicións. Espero que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario