Contamos coa colaboración da encargada do laboratorio de Física e Química para realizar unha serie de experimentos e experiencias que nos permitiron aprender moito e de forma moi divertida sobre as propiedades da materia.
O mellor e que a maioría dos experimentos pódense facer na casa con moi pouco gasto, polo que vos deixo aquí os materiais necesarios e o procedemento.
PRÁCTICA 1: A PILA VEXETAL
Neste experimento construimos unha pila a partires de patacas e limóns (¡do limoeiro da nosa horta!).
Imos convertela enerxía química dos vexetais, que normalmente usamos ó comelos, en enerxía eléctrica que nos permita acender un LED, con axuda dos metais máis usados na fabricación de pilas.
¡Ollo!: O que usemos nesta práctica non se poderá usar para comer despois.
¡Ollo!: O que usemos nesta práctica non se poderá usar para comer despois.
Material:
- Patacas e/ou limóns. Debe funcionar a partir de dous pero cantos máis, mellor.
- Cables
- Zinc: Calquera cousa deste metal ou galvanizado (zincado). Hainos en calquera ferretería.
- Cobre: Por exemplo, as moedas de 1, 2 e 5 céntimos están recubertas de cobre.
- Un LED
Procedemento:
- Cravamos nas patacas o zinc e o cobre, o máis alonxados un do outro e sen tocarse no interior.
- Conectamos cos cables o zinc dunha pataca co cobre de outra e así con todas as que teñamos.
- Ten que quedar libre un extremo con zinc e outro con cobre: poñémoslle cables tamén.
- Estes cables son os que conectarán co LED e este ¡acenderá!
Trucos:
-Cantas máis patacas (ou limóns) usemos e máis grandes sexan máis enerxía teremos e poderemos acender aparatos de máis potencia coma pequenas bombillas de resistencia ou despertadores.
-Cantas máis patacas (ou limóns) usemos e máis grandes sexan máis enerxía teremos e poderemos acender aparatos de máis potencia coma pequenas bombillas de resistencia ou despertadores.
-Se non funciona e o temos todo ben conectado lixar os metais pode ser a solución.
-Podemos probar con outros froitos ou tubérculos para ver cales dan máis enerxía.
Conseguimos acender un par de LED |
PRÁCTICA 2: O FLUIDO SÓLIDO
Imos crear o que se coñece coma "fluido non newtoniano", un fluido cunha viscosidade non definida, senón que depende da presión ou esforzo que apliquemos sobre o mesmo.
Desta forma comportarase coma un sólido se lle aplicamos forza e coma un líquido se imos pouco a pouco.

- Auga
- Almidón de millo, máis coñecido coma maicena.
- Un bol grande ou barreño
- Opcional: Colorante alimentario
Procedemento:
- Botamos unha boa cantidade de maicena no noso recipiente.
- Imos engadindo auga pouco a pouco e removendo ata dar coa textura espesiña que queremos.
- Ó dar un golpe seco contra o "líquido" este comportarase coma un sólido.
- Se somerxemos a man lentamente será coma un líquido.
- ¡Xogar, desfrutar e pringarse moito! Podes collelo coma un sólido, tentar darlle forma de boliñas e ver coma se escorre polas túas mans.
Truco: A mistura é branca, podes darlle algo de cor engadindo unhas gotas de colorante alimentario.
PRÁCTICA 3: A TINTA INVISIBLE
Faremos tinta invisible con zume de limón.
O ácido cítrico dos limóns ten unha temperatura de combustión menor a do papel. ¿Que significa isto? Que o zume quéimase antes que o papel e ó queimarse deixa a marca sobre a folla.
O ácido cítrico dos limóns ten unha temperatura de combustión menor a do papel. ¿Que significa isto? Que o zume quéimase antes que o papel e ó queimarse deixa a marca sobre a folla.
Material:
- Papel
- Pincel ou bastoncillos hixiénicos
- Un limón
- Unha vela acendida (¡SEMPRE CON SUPERVISIÓN DUN ADULTO!)
Procedemento:
- Exprimimos o xugo dun limón.
- Empapamos o pincel ou bastonciño no xugo e escribimos con el no papel.
- Deixamos secar: a mensaxe ou debuxo desaparecen.
- Achegamos o papel á chama da vela o bastante para que se quente sen queimarse.
- ¡A nosa mensaxe aparece!
PRÁCTICA 4: MEDIDAS DE VOLUME
Esta práctica permite explicar e experimentar o Principio de Arquímedes, que di o seguinte:
Esta práctica permite explicar e experimentar o Principio de Arquímedes, que di o seguinte:
"Un corpo total ou parcialmente somerxido nun fluído en repouso, recibe un impulso de abaixo cara a arriba igual ao peso do volume do fluído que desaloxa."
Material:
- Probetas, vasos de precipitados ou calquera recipiente con medidas de volume.
- Plastilina
- Pequenos obxetos que collan no noso recipiente.
Procedemento:
- Enchemos a probeta de auga ata certa marca de medida (a metade, por exemplo)
- Facemos unha boliña coa plastilina e a botamos na auga.
- A diferencia de volume entre o que marca agora e o inicial é o volume da boliña.
- Collemos a mesma boliña e dámoslle outra forma (de tubiño, por exemplo).
- ¿Terá o mesmo volume ó cambiarlle a forma? ¡Proba!
- Gritamos ¡Eureka!
Bonus: podemos probar a medir o volume de calqueira obxeto pequeño e trastear un chisco coa plastilina.
Medindo volumes |
PRÁCTICA 5: A DENSIDADE
A densidade da auga cambia coas sustancias que teña disoltas nela, ó engadir sal aumentarmos a súa densidade o por tanto é máis doado flotar nela xa que exerce máis empuxe.
¡Por isto costa máis flotar nunha piscina que no mar e se flota tanto no Mar Morto!
Cando un ovo apodrece comeza a flotar (de feito podemos saber se un ovo é fresco por se afunde na auga), isto débese ó cambio na densidade do ovo.

- 3 Ovos de galiña frescos (podemos arranxar con un, pero é máis visual con 3, pódense usar para comer despois).
- Un vaso para cada ovo.
- Sal
- Un pau para remover
Procedemento:
- Enchemos de auga os tres vasos.
- Nun deles disolvemos unhas culleradas de sal.
- Noutro disolvemos un bo puñado de sal.
- Botamos os ovos nos vasos e vemos o que ocorre.
- Teremos así ovos flotando a distintas alturas segundo a cantidade de sal disolta.
Variantes: Podemos facelo cun único ovo e ir engadindo sal pouco a pouco. É importante disolvela ben, se queda abaixo non disolta o experimento non funcionará. Sería como ter o cacao pegado no fondo da taza ¡non chocolatea o leite!
Se temos problemas para disolver podemos quentar un chisco a auga.
Se temos problemas para disolver podemos quentar un chisco a auga.
¡Agora a intentalo na casa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario