Febreiro trouxo algo de sol, pouco, pero dabondo para baixar uns días á horta a plantar e sementar.
Visto o febles que nos saen as plantas no laboratorio por mor da falta de luz, mercamos uns plantóns de coles nos mercados locais, pedindo consello ás vendedoras.
¡Sempre é boa idea pedir consello ós maiores e expertos!
Os rapaces de 5º transplantáronas ó horto nos seguintes pasos:
- Prepararon a terra a base de sacho para movela e rastrillo para igualala.
- Sacharon catro regos con 70 cm de distancia entre cada un.
- Regaron estes surcos con auga de choiva.
- Colocaron os plantóns nos regos, a uns 30-40 cm uns de outros.
- Cubriron de terra ata o comezo do talo, sen cubrir as follas e compactándoa ben.
- Cubriron abono de herba, procedente doutra zona do noso centro.
Plantando as coles de Bruselas |
Abonando a plantación |
Tamén aproveitamos sementes sobrantes do ano pasado, de chícharos e tirabeques, neste caso para ser sembradas polos rapaces de 3º. Contaron coa axuda dos rapaces de 5º, que prepararon o terreo (¡Non hai quen os separe do sacho!) e colocaron unha montaxe de paus e cordel para marcar o lugar, indican onde debían colocar as sementes e que, ademáis, serán unha boa base para entutorar as plantas cando medren.
O fixeron nos seguintes pasos:
- Prepararon o terreo.
- Clavaron uns paus (das podas), unidos por un cordel a certa altura.
- Cunhas azadas fixeron pequenos pero fondos surcos seguindo o cordel.
- Fixeron pequenos buratos nos surcos co dedo, cada 15 cm e puxeron 3 sementes en cada un.
- Cubriron de terra e regaron con auga de choiva.
Preparándolle o terreo ós cativos |
Por último, o álbume completo do proceso de transplante das coles e algunha cousiña máis.
¡Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario