martes, 4 de febrero de 2014

Comezamos!!!

No mes de xaneiro deu comezo a andadura do horto escolar ecolóxico da Compañía de María de Santiago que xurde coma unha iniciativa pioneira do colexio e a Escola de Pais e Nais (coa creación da Asociación Solidaria para a Formación e a Creación de Empleo).





Un pouco de historia!!
O espazo do horto escolar xa existía anteriormente a este proxecto, aínda que levaba abandonado uns anos. Puntualmente fora utilizado no anterior período dende a iniciativa dunha profesora xa xubilada, e outro profesor, como un espazo de aprendizaxe para os alumnos de diversificación e máis tarde puntualmente, para os alumnos de Educación Infantil.
A finais do curso 2012-2013 preséntase o proxecto promovido pola Escola de Pais e Nais e dirección, e créase a Asociación Solidaria pola Formación e a Creación de Emprego do colexio para reactivar esta experiencia.
No 1º trimestre do curso escolar 2013-2014 comeza a selección do candidato en colaboración coa USC.
A comezos do ano 2014 dá os seus primeiros pasos o proxecto do horto escolar coa contratación dunha bióloga. (Fase I)
A premisa fundamental debe ser: un horto escolar ecolóxico *



OBXECTIVOS XERAIS:

O obxectivo principal do horto era recuperar un espazo en desuso e aproveitalo como lugar de aprendizaxe e participación do alumnado noutro tipo de ámbito e fóra do currículo formal.
Diriamos que se trata de transformar un proxecto de horto escolar nun proxecto integrado que facilita a adquisición das CC.BB. xa que é un recurso didáctico multidisciplinar e transversal.
Poderiamos incluílo como o punto de saída dunha verdadeira educación ambiental na escola entendendo como educación ambiental o proceso interdisciplinar que debe preparar para comprender as interrelacións dos seres humanos entre si e coa natureza, enmarcándoo todo dentro dun proxecto educativo global.





Un poco de historia!!
El espacio del huerto escolar ya existía anteriormente a este proyecto, aunque llevaba abandonado unos  años. Puntualmente había sido utilizado en el anterior periodo desde la iniciativa de una profesora ya jubilada, y otro profesor, como un espacio de aprendizaje para los alumnos de diversificación y  más tarde puntualmente, para los alumnos de Educación Infantil.
 A finales del curso 2012-2013 se presenta el proyecto promovido por la Escuela de Padres y Madres y dirección, y se crea la Asociación Solidaria para Formación y  la Creación de Empleo del colegio para reactivar esta experiencia.
En el 1º trimestre del curso escolar 2013-2014 comienza la selección del candidato en colaboración con la USC.
A comienzos del año 2014 da sus primeros pasos el proyecto del huerto escolar con la contratación de una bióloga.(Fase I)

La premisa fundamental debe ser: un huerto escolar ecológico *



OBJETIVOS GENERALES:


El objetivo principal del huerto era recuperar un espacio en desuso y  aprovecharlo como lugar de aprendizaje y participación del alumnado en  otro tipo de entorno y fuera del currículum formal.
Diríamos que se trata de transformar un proyecto de huerto escolar en un proyecto integrado que facilita la adquisición de las CC.BB. ya que es un recurso didáctico multidisciplinar y transversal.

Podríamos incluirlo como el punto de salida de una verdadera educación ambiental en la escuela entendiendo como educación ambiental el proceso interdisciplinar que debe preparar para comprender las interrelaciones de los seres humanos entre sí y con la naturaleza, enmarcándolo todo dentro de un proyecto educativo global. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario