1.- Laboratorio-aulario
2.- Aula formal (clase).
3.- Cobertizo (alpendre).
4.- Horta.
Aínda q podemos engadir tamén as actividades ou tareas que farán na casa ou fóra do colexio.
Comezamos as actividades cos alumnos de 6º de Primaria dende o 9 de xaneiro e estas foron algunhas das actividades feitas:
Aula/Laboratorio
-Presentación do proxecto da horta escolar na titoria do xoves 9 de xaneiro.
-Recollida de materiais de reciclaxe e refugallo: diferentes envases plásticos ( botellas, tetra-bricks, iogures..), cartóns...
-Elaboración de sementeiros cos envases recollidos no laboratorio (leituga, fabas, lentellas..)
-Creación do taboleiro, mural e o blog do horto escolar (huertoescolarciamaria.blogspot.com)
-Regado diario por turnos dos sementeiros.
-Observación cos microscopios de sementes, flores, e fichas do herbario.
-Plantado de plántulas de: cebolas, pementos de Padrón e leitugas.
-Observación de sementes como: guisantes, tirabeques, pementos, cenoiras, cebolas varias, herbas aromáticas, cacahuete, fabas, cabazas, sandías....e plantado de algunhas.
-Comezo da recollida do material para os xardíns verticais (botellas de auga..).
-Elaboración dos 2º sementeiros (a partir do 17 de febreiro, exs: calabacín , cabaza)
Alpendre/cobertizo
-Limpeza do cobertizo ou alpendre.
-Montaxe de mesas, estanterías, distribución espacio.Colocación materiais e ferramentas.
-Colocación de palets (reciclados) para xardíns verticais.
-Pintado paredes (pendente do tempo).
-Barnizado da porta (pendente do tempo).
Horta
-Limpeza e selección de materiais (pedras, follas, plásticos, vidro...)
-Medición e delimitación dos espacios (pasillos, parcelas...)
-Poda de árbores: limoneiros, frutais...
-Plantado de flores: hortensias e xeranios...
-Colocación de composteiros: comezo da elaboración de compost vexetal.
-Recollida de auga da chuvia con bidóns de plástico de reciclado.
-Construcción de un pequeno invernadeiro (pendente en febreiro).
-Transplatado de plántulas ao invernadeiro pequeno ( de leituga, pementos e cebolas)
Algunhas imaxes das actividades realizadas durante os meses de xaneiro e febreiro:
Sementes de variedade locais (cebolas, tirabeques, fabas, pementos,) e outras aromáticas.
Composteiros na horta |
Diferentes sementeiros con diversos envases |
No hay comentarios:
Publicar un comentario