As actividades que estamos a realizar podemos dividilas en
4 espacios ou ámbitos de realización:
1.-
Laboratorio-aulario
2.- Aula formal (clase).
3.- Cobertizo (alpendre).
4.- Horta.
Aínda q podemos engadir tamén as actividades ou tareas que farán na casa ou fóra do colexio.
Comezamos as
actividades cos alumnos de
6º de Primaria dende o
9 de xaneiro e estas foron algunhas das actividades feitas:
Aula/Laboratorio
-
Presentación do proxecto da horta escolar na titoria do xoves 9 de xaneiro.
-
Recollida de materiais de reciclaxe e refugallo: diferentes envases plásticos ( botellas, tetra-bricks, iogures..), cartóns...
-Elaboración de
sementeiros cos envases recollidos no laboratorio (leituga, fabas, lentellas..)
-Creación do
taboleiro,
mural e o
blog do horto escolar (huertoescolarciamaria.blogspot.com)
-
Regado diario por turnos dos sementeiros.
-Observación cos microscopios de sementes, flores, e fichas do herbario.
-Explicación e teoria sobre a
creación de sementeiros, terra (
turba, substratos, etc..).Clase teórico-práctica sobre sementes e
sementeiros de variedades locais ou rexionais (pementos de Padrón, cebolas, tirabeques,...)
-Plantado de
plántulas de: cebolas, pementos de Padrón e leitugas.
-Observación de
sementes como: guisantes, tirabeques, pementos, cenoiras, cebolas varias, herbas aromáticas, cacahuete, fabas, cabazas, sandías....e
plantado de algunhas.
-Comezo da recollida do material para os xardíns verticais (botellas de auga..).
-Elaboración dos 2º sementeiros (a partir do 17 de febreiro, exs: calabacín , cabaza)
Alpendre/cobertizo
-
Limpeza do cobertizo ou alpendre.
-
Montaxe de mesas, estanterías,
distribución espacio.
Colocación materiais e ferramentas.
-Colocación de
palets (reciclados) para xardíns verticais.
-
Pintado paredes (pendente do tempo).
-
Barnizado da porta (pendente do tempo).
Horta
-
Limpeza e selección de materiais (pedras, follas, plásticos, vidro...)
-
Medición e delimitación dos espacios (pasillos, parcelas...)
-
Poda de árbores: limoneiros, frutais...
-
Plantado de flores: hortensias e xeranios...
-Colocación de
composteiros: comezo da elaboración de
compost vexetal.
-
Recollida de auga da chuvia con bidóns de plástico de reciclado.
-
Construcción de un
pequeno invernadeiro (pendente en febreiro).
-
Transplatado de plántulas ao invernadeiro pequeno ( de leituga, pementos e cebolas)
Algunhas imaxes das actividades realizadas durante os meses de xaneiro e febreiro:
Taboleiro coas actividades ata agora.
Sementes de variedade locais (cebolas, tirabeques, fabas, pementos,) e outras aromáticas.
 |
Composteiros na horta |
 |
Diferentes sementeiros con diversos envases |