jueves, 15 de septiembre de 2016

Comezo dun novo curso: novo proxecto 2016-17

Xa deu comezo o novo curso escolar 2016/17 o pasado 12 de setembro. Xa temos tamén dentro do programa do colexio e da Asociación Solidaria para a Creación de Empleo e Formación, un novo becario, licenciado en Bioloxía e que nos vai a botar unha man no desenrolo do novo proxecto escolar de horto escolar. O seu nome é Brais.
A finais de xuño pasado elaborei en grandes liñas, o proxecto para este ano, coa nova adquisición, darémoslle forma dun xeito máis concreto en actividades e tarefas para os alumnos.Espero novas ideas, proxectos, saídas e actividades para engadir no formato elaborado en xuño.Tamén temos pensado realizar unha ecoauditoria no colexio e as familias.Xa vos irei contando nesta bitácora.

Neste mes estamos a elaborar o caderno de campo e as primeiras sesións en consenso co becario, titores e profes de Primaria (3º e 5º sobre todo, xa que teñen unha hora complementaria á semana de horto escolar) nas áreas de C.da Natureza, así como o acondicionamento e limpeza do alpendre ou cobertizo.
Na horta veremos e replantearemos as parcelas coa rotación de cultivos, e finalizar o gran invernadeiro coa colaboración co departamento de Tecnoloxía da ESO (contareivos como será o proxecto próximanente).


lunes, 4 de julio de 2016

Actividades Xuño 2016

Entre outras moitas destacamos as seguintes e aporto algunha imaxe.
-Roteiro polas Brañas do Sar dende o colexio os tres 6º.
-Visita ás hortas veciñais de Sar e Belvís. Explicación das técnicas e cultivos dos veciños do cole.
-Elaboración de zume de limón do horto escolar e degustación despois da clase de Ed.Fisica.


-Roteiro polas Brañas do Sar









viernes, 24 de junio de 2016

Actividades e tarefas de maio e xuño

Aqui deixo outra serie de fotos que recolle o traballo realizado polos diferentes cursos nos meses de maio e xuño do 2016.
-Entutorado e protección dos pementos e tomates con fío de cobre.(técnica ecolóxica para eliminar fungos,sen empregar productos e substancias tóxicas).
-Construcción de xardineras con balóns de baloncesto rotos.
-Elaboración con tellas de paneles informativos das plantas nos tres idiomas oficiais ( castelán, galego e inglés)
-Limpeza das parcelas e malas herbas, para un mellor crecemento das plántulas.
-Construcción con tubos de PVC de fresais.







-Observación dunha abella e reflexión co gran grupo da importancia da súa labor nas flores e polinización. valoración e coidado. Traballo de investigación e visionado dun video explicativo.

Iniciación ao uso do dron en agricultura!!.fotografía aérea.

-Fío de cobre para combatir fungos nos pementeiras e tomateiras


-Construccións caseiras de macetas de madeira.

-Tubos de PVC e fresais.
-Uso de botellas para pequenos invernadeiros e outras utilidades.Aportacións dos alumnos.Reciclaxe.

-Estudo dun dos animais que atopamos na horta: un lución, escancer etc..Especie de lagarto sen patas!!.

lunes, 2 de mayo de 2016

Actividade Abril e maio

Algunhas das actividades nos meses de abril e maio foron:


-Co acopio do material reciclado procendente do colexio e aportacións de alumnos e profesores, diseñamos varios invernadoiros de pequeno tamaño para facilitar a colleita de algunhas especies.

-Explicación do cambio climático e iniciar un debate entre todos para poder ter algunha opinión sobre o tema. A importancia do uso de transporte público e de reciclaxe son o temas máis interesantes que os rapaces recopilan como pilares fundamentales contra este fenómeno.

-Actividade nos días de choiva na que por grupos, puxéronse na pel de diferentes colectivos no ámbito da tala de bosques, observando, debatindo e poñendo en común as ventaxas/inconvenientes que podería ter. A finalidade será a mellora da oratoria en público, debate entre un grupo pequeno de compañeiros e observacións de diferentes puntos de vista.


-Debido as numerosas choivas e mal tempo, pospoñemos a maio o replanteo do invernadoiro grande. Destacar a presenza do pai arquitecto dunha alumna, que ofreceu unha pequena charla os rapaces sobre as diferentes metodoloxías posibles para a construción do invernadoiro e aspectos que temos que ter en conta, coma a orientación ou a topografía do terreo.


Actividades no laboratorio: A materia: estudio e comprobación das propiedades coma densidade, 
-Finalizando o estanque.
-Charlas de seguridade vial
-Charla sobre Tropas Verdes: reciclaxe, reutilización, 
-Continuamos coas patrulla verdes co comedor e fabricación de compost.
-Construción de aparellos e técnicas ecolóxicas para protexer e evitar as plagas de babosas e caracois nos cultivos con botellas de plástico, area, cunchas de mar, cinza, virutas de madeira,....





-Construción dun bancal de aromáticas e sementeira de coandro, macela, perexil, anís, alfábega e menta.
-Sementeira de flores variadas en soportes e varias zonas do terreo.

-Sementeira de patacas de Coristanco, leitugas (folla lisa de roble e rizada), cebolo, brécol, coles de bruselas, fabas, tomates, berenxenas, xudías, tirabeques e guisantes.

Seguimos ca interacción coa cociña do colexio, organizando os alumnos en "patrullas" (equipos cooperativos da aula) encargadas de levar cubos cada mañá e recollelos cheos de restos compostables. Tamén recollen cascas de ovo que usaremos en parte para achegar calcio ao compost e en parte para rodear os cultivos para repeler caracois e babosas, que danan gravemente os nosos coles.
A primavera anima os alumnos e comezan a traer, por iniciativa propia, as súas achegas ao horto como sementes para plantar (aguacate, perexil, cabaza xigante...) ou mesmo plantas xa xerminadas (aguacate, cabaza
, amorotes, porros...) que pasan a formar parte do noso horto.

Dentro da interacción dos diferentes programas educativos do centro, aproveitamos para poñer en valor os conceptos aprendidos nas clases de secundaria. Un dos rapaces de 2º ESO comprendendo alguna das leis físicas que adquirou na clase de ciencias, xunto con Tito o coordinador:


Vista panorámica do horto escolar


MAIO 2016
A mediados de mes celébrase no colexio o día da patroa, Santa Xoana de Lestonnac, festa solidiaria na que montaremos un posto cos produtos da horta e paneis explicativos do proxecto interdisciplinar.
Plantaremos novas especies como cenorias e algunhas leitugas máis, pois esperamos recoller pronto as que temos tanto en invernadoiro coma no exterior. Probablemente tamén poidamos recoller os coles rizados.

-Entutorado das plantas dos diferentes tipos de tomates, pementos, berenxenas, etc..

-Construcción dun banco con palets de reciclaxe para descansar, reflexionar, e resolución pacífica e dialogada de conflictos.(Programa de convivencia e mediación entre iguais).


-Banco de para o programa "resolución de conflictos entre iguais" e observación da natureza e relaxación!!nun entorno espectacular.Haberá algún máis proximamente.

Mini invernadoiro caseiro de leitugas.

-Colaboración de Teres: monxa da Orden da R.do Congo.Grazas as súas explicacións intercambiamos experiencias de cultivos da súa cultura.


viernes, 8 de abril de 2016

Actividades de marzo e abril

Aquí publicamos nesta entrada algunha das actividades dos meses de marzo e abril. Atopámonos na primaveira e xa e hora de facer os cultivos nas parcelas delimitadas para elo.


Seguindo o fio do cuidado del medio ambiente, observamos que o coñecemento dos diferentes ecosistemas que nos rodean é casi nulo a nivel práctico, pois os alumnos non conciben as múltiples relacións existentes entre eles. Por isto, e grazas a diferentes elementos que nos axuden a formar unha correcta logística, buscamos desde un enfoque funcional e cercano o estudio do mundo acuático –ca construción dun estanque e ambientes forestales e agrícolas, dentro do entorno do colegio cun radio de acción que non supera os 30 metros.

É interesante albergar diferentes puntos de vista dentro do medio ambiente para lograr ampliar a súa capacidad analítica e comprender que existen máis organismos que os axudan a realizar sus funciones vitales. É extrapolable, explicando a empatía co resto de especies que habitan seu colexio, e así poder xerar unha conciencia maior  -sen egoísmos- hacia o mundo exterior.

-Cava lixeira para eliminación de maleza e preparación do terreo para o cultivo.

-Creación de material a partir de restos para reciclaxe traídos polos alumnos: viveiros en vasos de iogur e tetrabrick, regadeiras con botellas de plástico e "mini-invernadoiros" a partir de garrafas de auga.

-Continuamos con alguna poda.

-Medicións de bancales e parcelas.