Benvidos e benvidas ao novo curso!
Xa estamos de volta cos alumnos e alumnas de 3º e 5º de primaria para poñer a punto, un ano máis, a nosa horta! Temos moitas ideas na
cachucha para este novo curso, pero imos ir pasiño a pasiño para convertelas en
proxectos de a pé.
Este ano comezamos cunha boa limpeza da horta. Toda a herba
acumulámola para facer mulch, unha cobertura natural que empregaremos para
protexelo solo dos centos de alertas laranxas ás que o inverno Compostelán nos
ten acostumad@s.
Recollendo a herba para o Mulch. |
Por
certo! Xa recollemos do compostador o abono que fixemos o curso pasado e estamos
moi content@s de ver a gran calidade deste compost. Agora podemos dicir que somos
todos uns expert@s composteir@s! Esta compostaxe utilizarémola para facer os
primeiros sementeiros do ano e tamén para abonar as nosas parcelas.
Apañando o compost deste ano e facendo sementeiros con el. |
Outra tarefa do mes de outubro foi a recolecta. Patacas,
cenorias, pementos, tomates e fabas foron algunhas das hortalizas que puidemos
coller. Pero non só de hortalizas senón tamén de sementes que serán destinadas para
as sementeiras deste curso escolar.
Hortalizas e sementes a piques de apañar. |
Algunhas das hortalizas usámolas para darlles de comer os
nosos vermes xa que, como sabedes, o ano
pasado, xunto cos alumnos de tecnoloxía industrial, construímos uns vermicomposteiros, e este verán naceu a
segunda xeración de vermes. O sustrato que nos deixan estes pequenos animais é
incríbel! Moi escuro, cheo de nutrientes e sen olores!!
O noso rico e nutritivo compost! |
A pena é que xa chegan as chuvias…pero non pasa nada! porque temos preparadas actividades alternativas no laboratorio do colexio. De
feito, como estudamos a fotosíntese en ciencias naturais, aproveitamos para ver
ao microscopio óptico os estomas, esas pequenas células oclusivas que se
encontran nas follas das nosas plantas, que se abren e se cerran para permitilo
paso de osíxeno e dióxido de carbono entre o interior e o exterior da planta. E os pequenos de 3º puideron ver os tricomas
das ortigas, eses peliños que nos botan ácido fórmico e nos causa unha
sensación moi molesta. Menos mal que coa menta da horta aliviámola ben rápido!
Estomas da planta dun porro.
Imagen: biologiageotollon.blogspot.com
|
Tricoma de ortiga.
Imagen: ecoosfera.com
|
Iremos contando boas novas ó longo do curso! Podedes
comentar e darnos ideas. Este blog é de tod@s e para tod@s!
Aprendendo xunt@s. Contigo, no horto, en
Compañía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario