viernes, 15 de enero de 2016

Ano novo!! Xaneiro 2016

Comeza un ano novo e comezan novas ilusións renovadas neste proxecto ecolóxico e multidisciplinar. Temos preparadas moitas actividades e contamos coa axuda de moitos nenos e nenas do colexio, dende Ed. Infantil a ESO. Esperamos sexa unha proveitosa experiencia como en anos anteriores.
Actividades:
-Traballo por grupos cooperativos cada un ten unha tarefa para realizar na súa parcela.
-Sementeiros no laboratorio e nas aulas cos envases plásticos de iogures, cartóns de leite, botellas de auga, etc.. Sementes de leituga, calacús, cebolas, patacas, tirabeques, xudias,chícharos,...
-Cada día organízanse para o regado por equipos no laboratorio.
Esta a chover moito e limítanos moito o traballo de campo.Temos que argallar para facer os sementeiros nas aulas para máis adiante facer os trasplantes ao horto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario