Ola a todos,
Despois de un periodo de ausencia, voltamos por estes lares
para comentar como vai indo o horto este ano. Os rapaces de terceiro e quinto
de Primaria comezaron a condicionar a zona de cultivo, na que xa veremos o
traballo duro que houbo que facer. Podedes ver a continuación as fotos, na que
se aprecia a transformación (Estes
rapaces son coma tractores) grazas a recollida de material inorgánico, que utilizaremos máis adiante, e outros obxectos que poidan repercutir na
productividade do terreno. Despois das vacacións, viremos con moitas ganas para comezar a preparar os semilleiros e darlle forma ao horto.
Para os días de choiva, houbo varias actividades conxuntas como a explicación do funcionamiento de algunhas variantes de planta e tamén a introducción no manexo de microscopio, utilizando trociños de cebola para poder ver as células vexetais e así poder entender un pouco mellor o posible crecemento e reproducción deste tipo de organismos.
Á volta do Nadal, e para coñecer a práctica nestes temas de ciencia, os profesores Tito e María conseguiron reunir a unha científica titular, procedente do CSIC- centro de Agrobiolóxicas-, para que veña o colexio e nos presente o seu programa “EXPER-I-CIENCIA” aos nenos de 3º e 5º, repartido en seis sesións-unha por clase- para que os nenos non perdan detalle do que pode acontecer nun laboratorio.
¡Felices festas a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario