jueves, 16 de abril de 2026

Xa temos auga gratis!!

 O grupo de Erasmus + de 1º da ESO estivo a deseñar e construir un sistema de canalización e aproveitamento da auga da chuvia para encher un depósito de 1.000 litros para reutilizala para o regadío na horta escolar. Aqúi tedes unhas imaxes do proceso que comezou alá polo mes de novembro e que finalmente finalizamos no mes de abril. Xa temos o tamque cheo (en dúas xornadas de chuvia, encheuse!!) e agora imos seguir con proxecto para rematar de construir o sistema de riego na horta cunha bomba de auga, tubos microperforados, válvulas, goteros e  temporalizadores nos grifos.

viernes, 20 de marzo de 2026

Intercambio en Compostela Proxecto 1º ESO: Amizade e Sustentabilidade Lisboa-Compostela

 O tempo voa, as plantas medran e o xabón cura: Resultados dun intercambio inesquecible

Hai xa un mes que despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras de Portugal, pero a súa pegada segue moi presente no noso centro. O proxecto Erasmus+ non é só viaxar, é plantar sementes (literal e figuradamente) que seguen dando froitos moito despois da despedida.

Hoxe queremos compartir con vós a evolución de dous dos obradoiros que máis nos gustaron:

Este intercambio deixou en nós algo máis que coñecemento técnico: deixou unha rede de amizade que, ao igual que o noso horto, non para de medrar.

Grazas a todos os que fixestes posible esta experiencia! 🇵🇹🤝🇪🇸



Imaxe dunha das actividades levadas a cabo no mes de marzo (14 ao 21) no horto escolar e laboratorio no intercambio co colexio Valssasina de Lisboa (PortugaL)

jueves, 4 de diciembre de 2025

Aproveitamento de sementes do horto

 Nestes días de novembro estivemos a recoller e aproveitar as sementes do horto recollidas no mes de setembro coma: fabas, xudías, tomates cherries, cabazas, etc para clasificalas e poñer a resgardo da humidade para poder facer uns sementeiros á volta do Nadal. Con estas sementes queremos obter unhas plántulas no mes de marzo cando veñan os portugueses dentro do Proxecto Erasmus +. Xa veredes os resultados.


Na imaxe (propia) podedes observar as fabas, sementes de tomates, cabazas e outras no proceso de separación e secado.

jueves, 23 de octubre de 2025

Invernadoiro listo

 

Invernadoiro cuberto e semilleiro en marcha!

Hoxe foi un día de moitos progresos e risas no Club Erasmus de 1º de ESO! Xa lle podemos poñer un check ben grande a unha das tarefas principais: colocamos o plástico do invernadoiro 🏡! Despois de todo o traballo de preparar a estrutura, velo listo para protexer as nosas futuras plantas é unha pasada.

Ademais de traballar duro para deixar o invernadoiro perfecto, tamén rematamos de retirar os rastroxos que quedaban, deixando as parcelas listas e superlimpas 🧹. O terreo está case a gritar: "Plantade en min!".

E por suposto, estivemos separando e organizando as sementes con moito coidado. Estamos a montar o noso semilleiro 🌱 e isto xa vai en serio! E o mellor de todo é que gravamos todo! Queremos que vexades cada paso, por se alguén se anima 😉

jueves, 8 de mayo de 2025

Tutorial leitugas lisas

 Neste vídeo, a modo tutorial, feito polo grupo de traballo do Erasmus de sexto curso, formado por: Nuria, Carlota e Quique podedes saber máis, sobre o cultivo de leitugas lisas verdes en mallas anti-herbas,



miércoles, 7 de mayo de 2025

Grupo Erasmus

Aqui tedes outros pequeno grupo alumnos do equipo de traballo do proxecto da auga do Erasmus e eTwinning


 

jueves, 24 de abril de 2025

Titorial plantado de pementos de Padrón

 Hoxe levamos a cabo o plantado de pementos de Padón (dos que uns pican e outros non) no horto escolar cos alumnos de sexto de primaria. Aquí tedes o vídeo feito por eles cun simple móbil e unha app de edición de vídeo, espero vos guste!!.Grazas



jueves, 3 de abril de 2025

Construcción de vivac no horto escolar

 Na área de Ed. Física estamos a aproveitar os espazos verdes do colexio coma os xardíns e horto escolar, para construir un refuxio improvisado ou vivac con ramas e canas de bambú, que se atopan na parcela ou xardín diante do pavillón do cole. O vivac foi feito polo alumnado de sexto dentro das actividades na natureza de Ed Fisica, deste curso escolar.






martes, 1 de abril de 2025

Parcelas e mallas antiherbas

 Así está a quedar as parcelas de cultivo do horto escolar coas queimas, limpeza e colocación das mallas antiherbas.












lunes, 24 de marzo de 2025

Queimas

 Volvemos a solicitar a queimas da Xunta, o permiso para poder poñerlle lume aos restos de podas e herbas do mes de marzo. A volta da viaxe a Cantabria de sexto e das vacacións de abril faremos a derradeira queima xa que a maleza e herbas medran de seguido onde non pusxemos as mallas antiherba. Cada ano temos que levar un menor traballo de desbroce grazas á colocación das mallas antiherbas (adquiridas co programa Voz Natura)






lunes, 10 de febrero de 2025

Limpeza e desbroce

 Continuamos cos traballos de limpeza, desbroce e poda no horto polo alumnado de 6º coa colaboración de 5º curso baixo a supervisión de Tito e Alberto na hora de EF. 

De seguido a preparación das parcelas e a queima, coa colocación das mallas antiherbas para que o resto de cursos escolares aproveite estes espazos ou parcelas, para os seus proxectos de cultivos.











lunes, 16 de diciembre de 2024

Podas e queimas

 Nestes días estamos a facer as queimas de: herba, restos de poda, madeira,  etc... recollido do horto escolar polo alumnado para aproveitalo como abono para os cultivos.

Tamén o alumnado de 5º e 6º está a elaborar os semilleiros na aula de diferentes hortalizas (chícharos, xudias, cebolas, leitugas e aromáticas como perexil) para o posterior traslado as parcelas do horto










Limpeza horto

 Neste mes e no de xaneiro farase a limpeza da maleza, madeira, refugallos etc do horto para deixar listas as parcelas de cultivo para os diferentes cursos.

Solicitarase a queimas da Xunta a autorización pertinente para levalas a cabo, no mes de febreiro ou marzo, dependendo do tempo atmosférico.

jueves, 24 de octubre de 2024

Medición das parcelas

 Nesta quincena o alumnado de 6º está a medir as parcelas para rematar coa colocación de mallas antiherba nas diferentes parcelas de cultivo que ainda non quedaran cubertas.

O traballo de desbroce foi feito polo profesorado e continuará ata febreiro xa que as chuvias non estar a axudar a ditas labores tan necesarias.

martes, 24 de septiembre de 2024

Preparación horto curso 2024-2025

 Aínda que no curso anterior (2023-2024) , por distintas casuísticas, non se publicaron no blog as actividades e tarefas levadas a cabo no horto escolar, en colaboración co programa Voz Natura da Voz de Galicia, este sí intentaremos levar ao día e publicaremos as novas neste blog sobre o noso horto escolar.

Hoxe baixamos a inspeccionar o horto co alumnado de 6º de Ed. Primaria para comezar a levar a cabo o proxecto medioambiental deste curso co título. Con-CienzaT ( aproveitamento da auga da chuvia para o regadio, creación dun riego automático) e de seguido facer as labores de limpeza e preparación das parcelas de cultivo.

lunes, 3 de junio de 2024

Cultivos de amorodos (fresas)

 Aquí tedes un exemplo de como cultivar amorodos e, evitar que os caracois e outros poidan arruinar o voso cultivo, cun material de refugallo que temos no alpendre do horto (tubaxes de PVC).

E na outra imaxe, coma están xa os tomates a estas alturas do curso no mes de xuño.








martes, 25 de abril de 2023

Plantado de tomates


 Unha vez preparado o bancal para os tomates, cubríuse cunha malla antiherbas e fixemos uns cortes para a continuación facer uns buratos onde irán as plántulas de tomates (do país e cherries).








lunes, 24 de abril de 2023

Cultivo de chícharos (sementeiros na aula).

 Os alumnos de 6º xa poden ver os resultados dos seus sementeiros de chícharos despois dunha semana.

Observación, seguimento:

Nome: chicharos (gl)/ guisante (es) / pea (ing) / petipuás (fr) . 

Reino: plantae. Familia: fabaceae. Especie: Pisum stivum da familia das leguminosas

Diario de cultivo:

Día de plantación: xoves, 13 de abril

Regadío: 7 días de regado a primeira hora da mañan (xoves, venres e de luns a venres).

Primeiros brotes: luns 24 abril, un centímetro e medio (pódese obervar na imaxe de abaixo).