jueves, 23 de octubre de 2025

Invernadoiro listo

 

Invernadoiro cuberto e semilleiro en marcha!

Hoxe foi un día de moitos progresos e risas no Club Erasmus de 1º de ESO! Xa lle podemos poñer un check ben grande a unha das tarefas principais: colocamos o plástico do invernadoiro 🏡! Despois de todo o traballo de preparar a estrutura, velo listo para protexer as nosas futuras plantas é unha pasada.

Ademais de traballar duro para deixar o invernadoiro perfecto, tamén rematamos de retirar os rastroxos que quedaban, deixando as parcelas listas e superlimpas 🧹. O terreo está case a gritar: "Plantade en min!".

E por suposto, estivemos separando e organizando as sementes con moito coidado. Estamos a montar o noso semilleiro 🌱 e isto xa vai en serio! E o mellor de todo é que gravamos todo! Queremos que vexades cada paso, por se alguén se anima 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario