Boas a tod@s!
A agricultura sempre foi da man dos refráns, algúns coma “marzo marzadas, aire frío e sarabiadas”,“vento
marzal, bo temporal” ou “febreiro louco e marzo outro pouco” son moi axeitados á hora de describir o tempo cambiante dun mes
tan importante no horto como marzo. Pero aproveitamos ben estes días de chuvia,
pois estudamos moitos dos insectos que habitan no noso horto, e tamén sobre
outros que non coñeciamos.
Ti sabías que a xoaniña ten o sentido do olfacto nas súas patas?
E que move 85 veces por segundo as súas ás?
E sabías que se alimenta, xunto coa crisopa, dos pulgóns que habitan nas árbores froiteiras do horto? Ou que hai un insecto chamado grilo topo que provén do norte de África? Todo isto e moitas cousas máis aprenderon os
nosos alumnos durante este mes en horto. Eles mesmos elaboraron uns traballos
ben xeitosos sobre os insectos que habitan no horto. Buscaron información sobre eles, o seu nome
científico, como son, de que se alimentan, ou que papel importante desempeñan no
noso horto.
Aquí vos deixo algunhas das maquetas que elaboraron os rapaces. Sen dúbida son uns artistas!
|
Xoaniñas |
|
Mantis relixiosa |
|
Grilo topo |
|
Ouruga |
|
Crisopa |
|
Xoaniña |
|
Bolboreta |
No hay comentarios:
Publicar un comentario