Esta semana foi
moi especial, celebrouse no noso colexio o día da paz, e espero que todos os
que estades lendo este blog podades gozar dun sentimento de paz dentro dos vosos corazóns. Animarvos a ter
unha horta e traballala! sen dúbida fomenta esta sensación. E sabémolo ben no
cole, pois os rapaces cada día traballan mellor en equipo coidando da vida que
eles mesmos sementan.
Preparando o terreo |
Traballando en equipo |
Esta semana
tamén foi moi especial no horto, pois
comezamos a axudar no proxecto que están a levar a cabo os alumnos de 5ºB de EP
coa construción dun invernadoiro para o horto que comezaron a deseñar en
matemáticas. Un proxecto ambicioso que
esperamos levar a cabo en comunidade e paz.
Imos informando!
:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario