miércoles, 8 de febrero de 2017

Alimentación saudable

Debido a que estas últimas semanas de fortes choivas e temporais nos manteñen retidos na clase, aproveitamos para falar sobre alimentación saudable. Nestas clases danse consellos para mellorar a alimentación dos alumnos e alumnas e para favorecer o consumo de froitas e hortalizas en lugar de doces ou fritos. O certo é que se mostran ben interesados e fan preguntas moi interesantes.
Entre os consellos, podemos destacar:

 1.- Hai que comer variado. Ó día debemos incluír máis de 40 nutrientes, e para iso debemos comer un pouco de cada sector da roda dos alimentos.
2.- Os hidratos de carbono son a base da alimentación. Debes incluír en cada comida unha ración de hidratos de carbono (cereais, pasta, pan, arroz, etc.)
3.- Hai que consumir 5 racións de froita e de verduras. Unha boa forma é tomando a media mañá e á merenda unha froita.
4.- Debenos reducir o consumo de doces e refrescos, que apenas aportan nutrientes e conteñen moitos azúcares; así como das graxas (manteiga, touciño, chocolate, comida rápida...)
5.- O almorzo é a comida máis importante do día. Un bo almorzo é o que contén leite, cereais e unha peza de froita.
6.- Hai que beber moita auga. Aconsellase beber como mínimo 5 vasos de auga ó día.
7.- É importante facer 5 comidas ó día, e non saltarse ningunha! xa que irás con máis fame á seguinte e terás máis tentación de caer en alimentos graxos.
8.- Fai moito exercicio. Unha das mellores formas de cobatir a obesidade é facer exercicio. Móvete!!




Ademais, fixemos na clase un exercicio para variar unhas dietas pouco saudables e un test para saber se a nosa alimentación é saudable, e a maioría sacou altas puntuacións!!! E ti... tes unha alimentación saudable?



No hay comentarios:

Publicar un comentario