Unha vez preparado o bancal para os tomates, cubríuse cunha malla antiherbas e fixemos uns cortes para a continuación facer uns buratos onde irán as plántulas de tomates (do país e cherries).
Horto Escolar da Ensinanza
Desde Santiago para o mundo
martes, 25 de abril de 2023
Plantado de tomates
lunes, 24 de abril de 2023
Cultivo de chícharos (sementeiros na aula).
Os alumnos de 6º xa poden ver os resultados dos seus sementeiros de chícharos despois dunha semana.
Observación, seguimento:
Nome: chicharos (gl)/ guisante (es) / pea (ing) / petipuás (fr) .
Reino: plantae. Familia: fabaceae. Especie: Pisum stivum da familia das leguminosas
Diario de cultivo:
Día de plantación: xoves, 13 de abril
Regadío: 7 días de regado a primeira hora da mañan (xoves, venres e de luns a venres).
Primeiros brotes: luns 24 abril, un centímetro e medio (pódese obervar na imaxe de abaixo).
martes, 14 de marzo de 2023
Chicharos
Xa comezamos o transplante á terra dos chicharos das macetas.
Fixemos uns regos e aí colocamos a uns 20 cms cada plántula de chicharos.
Aqui vedes a Alberto e María co resultado.
Algunhas plántulas son de finais de decembro e outras de comezo de xaneiro. O frío e a chuvia sentoulle de xenial!!.Xa están ben grandes!
lunes, 27 de febrero de 2023
Días de queimas controladas
Na segunda semana de febreiro, levouse a cabo as queimas controladas por parte de Tito para seguir co mantemento e acondicionamento das parcelas para os cultivos.
Na parcela 1 plantaranse chicharos que xa están medrando nas macetas feitas polo alumnado de 6º EP
lunes, 20 de febrero de 2023
Traballos acondicionamento no horto
O alumnado de 6º está a preparar as parcelas para comezar a segunda tempada de cultivos no 2º trimestre,seguindo o calendario de plantado (cultivos de tempada).
No primeiros días de febreiro levouse a cabo a queima controlada das herbas e demáis rastroxos amontoados para aproveitar as cinzas coma abono para as plántulas de chícharos, leitugas, cenoiras,...
jueves, 9 de febrero de 2023
Medicións parcelas
Hoxe temos aqui aos delineantes: Sergio, Miguel, Pablo, Manuel, Mariana eSara de 6ºA facendo as medicións das parcelas para deseñar, facer o plano, escala etc do horto.
Empregamos un odómetro e unha cinta métrica de 15mts.
jueves, 19 de enero de 2023
Queima
No mes de xaneiro faremos a queima das herbas e rastroxos que fomos retirando para levar a cabo a delimitación de parcelas de cultivo para os diferentes cursos e niveis.
Pedimos permiso a Xunta a través da web https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/ para levala a cabo antes do fin dos permisos alá polo 29 ou 30 de marzo.
Temos 3 días para levala adiante no mes de febreiro fóra do horario escolar e grazas aos profesores que quedarán para realizala a partires das 17.30 h.
lunes, 16 de enero de 2023
Preparación e limpeza zonas de cultivo
Tocou nesta semana, aproveitando o bo tempo, facer as labores de: limpeza, segado, poda, recollida do lixo e reciclaxe de plásticos etc do horto escolar na hora de ciencias e EF.
Aquí tedes algunha imaxe cos meus compañeiros e o seu traballo realizado
Fonte: Imaxes do profe Tito. Nova elaborada polos alumnos de 6º
miércoles, 14 de diciembre de 2022
Acondicionamento horto
Aquí os deixamos, máis abaixo, unhas imaxes do horto despois das labores de limpeza levadas a cabo no mes de decembro.E comezamos as seguintes tarefas para finais deste mes de ecembro e xaneiro.
Xa estamos no mes de decembro e toca poñer a punto as zonas de cultivos de tempada coma os chícharos.
1º.- Faremos un primeiro cultivo con sustrato (terra abonada) nunhas pequenas macetas para a continuación facer o trasplante a parcela que estamos a preparar.
2.-Ficha dos chícharos:
Nome da planta nos diferentes idiomas.
Tipo: anano e mediano (arredor duns 90 cms).
Orixe: produtores da zona do val do Ulla-Padrón-Herbón.
Engadir o seguimento con: data de sementado, data de regado e primeiro brote, data de trasplantes a terra, crecemento semanal, data da floración, data do froito, data de recolección.
jueves, 24 de noviembre de 2022
Limpeza do horto
Así está a quedar o horto despois das primeiras sesións de limpeza, acondicionamento e mantenemento da parcela do horto para comezar o sembrado en xaneiro e febreiro do 2023.