miércoles, 6 de octubre de 2021
Día Mundial dos Animais
viernes, 4 de junio de 2021
Día Mundial do Medio Ambiente
Hoxe venres 4, tivemos entre nós, a Santiago Neiro. É un axente forestal da Consellería de Medio Rural que sempre está disposto para ensinarnos moitas cousas sobre o coidado e respeto da natureza no noso colexio. Participa cada ano de xeito desinteresado.A súa charla versou sobre: ecosistemas e a súa protección, a reciclaxe, as especies autóctonas e invasoras (animais e flora), o lume e un sinfín de consellos, inquedanzas e ensinanzas.Moitas grazas outro ano máis, Santiago.
Aproveitamos para celebrar o día Mundial do Medio ambiente que é mañan 5 de xuño para 5º e 6º de Ed Primaria no salón de actos do colexio.
lunes, 3 de mayo de 2021
Utilidades das tubaxes de PVC
Para plantar as fresas, aproveitamos unhas tubaxes de outros anos, e construimos esta estructura grazas a imaxinación e creatividade do noso profe Tito. Realmente quedou moi chula!!, servirá dun ano para outro.
martes, 27 de abril de 2021
Os nosos amigos os bichiños!!
Poidemos descubrir estes días, grazas as treboadas e a calor, unha especie de serpe que non é serpe senón un lagarto sen pes!!. Iso nos dixo o noso profe Tito. Chámase lución ou escáncer, un lagarto sen pes.Dócil. Atopamos 4 mentras estamos a preparar a terra para os cultivos. Aquí podedes ver coma xogamos con eles e démolo a coñecer ao resto de compañeiros e incluso algún curso de nenos máis pequenos de 2º EP que se atopoban de visita ao horto esta semana.
viernes, 9 de abril de 2021
Canto aprendemos no horto!!
Coas visitas e actividades programadas no horto, estamos coñecendo as numerosas especies arbóreas que temos neste espazo verde do colexio: as sobreiras, carballos, figueira, maceiras, pereira, kaki, kiwis, faias, espiños, limoeiro, marmelos, sauco, acivro, etc.
Estivemos a retirar a cortiza das sobreiras para logo fabricar algún artiluxio: barco, posavasos,..
martes, 16 de marzo de 2021
Día Mundial da Auga
Esta semana, o 22 de marzo, celebraremos o Día Mundial da Auga. Faremos varias actividades de sensibilización e concienciación nesta semana que entra: vídeo e posters para a aula.
A auga, trátase dun recurso sumamente ameazado polo crecemento demográfico, a demanda en constante aumento dos sectores agrícola e industrial e os efectos cada vez máis graves do cambio climático, que fai máis irregulares os patróns de dispoñibilidade de auga. No medio de todo isto, as sociedades tratan de conciliar as distintas esixencias en materia de recursos hídricos, pero, segundo afirma a ONU, “non se teñen en contan os intereses de moitas persoas”. E, é que, a forma na que valoremos a auga determinará a forma en que se xestione e repártase.
lunes, 15 de marzo de 2021
Seguimos coas tarefas no horto
Comeza o bo tempo e continuamos a preparar os bancais e parcelas para os cultivos: pementos, tomates e leitugas. É epoca de poda tamén e de seguir retirando as malas herbas e maleza despois de tanto tempo sen poder empregar este espazo para os cultivos e actividades na natureza.
lunes, 1 de marzo de 2021
Montaxe do invernadoiro
Despois de preparar o terreo no horto, estivemos a montar o invernadoiro de 6 x 4 mts, grazas á subvención recibida do programa Voz Natura 2019-20. Aquí tedes as primeiras imaxes.
miércoles, 24 de febrero de 2021
Preparación do horto escolar
Ano novo, e novos folgos. Xa estamos a preparar as parcelas para reactivar as actividades do horto escolar. As primerias sesións ao aire libre!!, adicámolas a preparar o terreo despois de case un ano sen coidados. Nun dos espazos irá o novo invernadoiro do programa Voz Natura.
Partciparon os alumnos de 5º e 6º. Aquí podedes ver algunha imaxe do seu bo traballo. Noraboa e moitas grazas. Pronto poderedes ver o seus froitos.
viernes, 15 de enero de 2021
Novo invernadoiro
Por fín chegou o novo invernadoiro!!.
Aquí está!!. Agora temos que acabar de preparar o terreo para o seu asentamento. Quedan varias xornadas tediosas pero contamos coa colaboración e traballo dos cursos de 5º e 6º de primaria. Nuns días quedará preparado e montado, na parcela escollida según a orientación e as condicións de luz e vento máis favorables. Xa vos iremos contando en próximas entradas no blog. Mudamos de novo as actividades e novas do google site, "el rincón de 5º e 6º, para este blog dende o mes de febreiro 2021.
Parte da estructura do invernadoiro de 6 m x 4 m antes da montaxe.




















