martes, 25 de abril de 2023

Plantado de tomates


 Unha vez preparado o bancal para os tomates, cubríuse cunha malla antiherbas e fixemos uns cortes para a continuación facer uns buratos onde irán as plántulas de tomates (do país e cherries).








lunes, 24 de abril de 2023

Cultivo de chícharos (sementeiros na aula).

 Os alumnos de 6º xa poden ver os resultados dos seus sementeiros de chícharos despois dunha semana.

Observación, seguimento:

Nome: chicharos (gl)/ guisante (es) / pea (ing) / petipuás (fr) . 

Reino: plantae. Familia: fabaceae. Especie: Pisum stivum da familia das leguminosas

Diario de cultivo:

Día de plantación: xoves, 13 de abril

Regadío: 7 días de regado a primeira hora da mañan (xoves, venres e de luns a venres).

Primeiros brotes: luns 24 abril, un centímetro e medio (pódese obervar na imaxe de abaixo).


 




martes, 14 de marzo de 2023

Chicharos

Xa comezamos o transplante á terra dos chicharos das macetas.

Fixemos uns regos e aí colocamos a uns 20 cms cada plántula de chicharos.

Aqui vedes a Alberto e María co resultado.

Algunhas plántulas son de finais de decembro e outras de comezo de xaneiro. O frío e a chuvia sentoulle de xenial!!.Xa están ben grandes!



lunes, 27 de febrero de 2023

Días de queimas controladas

 Na segunda semana de febreiro, levouse a cabo as queimas controladas por parte de Tito para seguir co mantemento e acondicionamento das parcelas para os cultivos.

Na parcela 1 plantaranse chicharos que xa están medrando nas macetas feitas polo alumnado de 6º EP

Queima de herbas e sementeiros de chícharos



lunes, 20 de febrero de 2023

Traballos acondicionamento no horto

 O alumnado de 6º está a preparar as parcelas para comezar a segunda tempada de cultivos no 2º trimestre,seguindo o calendario de plantado (cultivos de tempada).

No primeiros días de febreiro levouse a cabo a queima controlada das herbas e demáis rastroxos amontoados para aproveitar as cinzas coma abono para as plántulas de chícharos, leitugas, cenoiras,...

 


jueves, 9 de febrero de 2023

Medicións parcelas

 Hoxe temos aqui aos delineantes: Sergio, Miguel, Pablo, Manuel, Mariana eSara de 6ºA facendo as medicións das parcelas para deseñar, facer o plano, escala etc do horto.

Empregamos un odómetro e unha cinta métrica de 15mts.




jueves, 19 de enero de 2023

Queima

 No mes de xaneiro faremos a queima das herbas e rastroxos que fomos retirando para levar a cabo a delimitación de parcelas de cultivo para os diferentes cursos e niveis.

Pedimos permiso a Xunta a través da web https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/ para levala a cabo antes do fin dos permisos alá polo 29 ou 30 de marzo.

Temos 3 días para levala adiante no mes de febreiro fóra do horario escolar e grazas aos profesores que quedarán para realizala a partires das 17.30 h.

lunes, 16 de enero de 2023

Preparación e limpeza zonas de cultivo

 Tocou nesta semana, aproveitando o bo tempo, facer as labores de: limpeza, segado, poda, recollida do lixo e reciclaxe de plásticos etc do horto escolar na hora de ciencias e EF.

Aquí tedes algunha imaxe cos meus compañeiros e o seu traballo realizado




Fonte: Imaxes do profe Tito. Nova elaborada polos alumnos de 6º