miércoles, 2 de septiembre de 2015

Comezo dun novo curso medioambiental 2015-16

Ola de novo a tod@s!!,
A partires de outubro comezaremos unha nova andadura no horto escolar do cole neste curso 2015-2016.Seguimos tamén, a participar no programa de Voz Natura, xa que foi aprobado alá no mes de marzo o noso 2º proxecto. Este segundo proxecto xirará entorno a creación ou construcción dun invernadoiro grande. No mes de agosto, como coordinador, elaborei o presuposto dos materiais necesarios ( o prazo de presentación remataba o 1 de setembro).
Este ano tamén contaremos coa axuda e colaboración dun becario grazas ao programa creado pola Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación e o colexio, dende este mes ata xuño.
Estou a espera da súa contratación para elaborar o programa e confeccionar as actividades e tarefas relacionadas co horto escolar.
Disporán de unha hora semanal os alumnos de 3º e 5º de Primaria, e o resto dos cursos tamén participarán do proxecto de unha maneira menos regulada pero igual de fructifera e didáctica.

Mantereivos informados nos vindeiros días sobre as actividades propostas para este curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario