viernes, 28 de febrero de 2020

Remate dos traballos de investigación


Este mes rematamos os nosos traballos de investigación no laboratorio. Algúns deles  presentarémolos ó concurso Luis Freire de Investigación Científica na Escola que organizan os Museos Científicos Coruñeses. Déixovos aquí o enlace por si queredes visitar a súa web e  botar un ollo ás actividades de divulgación científica tan interesantes que fan durante todo o ano: 


Aquí tedes algunhas das imaxes dos traballos que realizaron os rapaces seguindo o método científico:

  • Estudo científico-artístico “Os habitantes do horto”

Os alumnos fixeron un colaxe para explicar nunha presentación os seus compañeiros toda a información obtida na investigación sobre os habitantes do horto.

Mural final do colaxe

  • Estudo sobre “Os caracois”

Despois de investigar sobre o seu xénero descubrimos que son hermafroditas e poden actuar tanto de macho coma de femia. Aproveitando os terrarios decidimos observar que clase de alimentos lles gustaba máis e como era a cor das súas defecacións dependendo da súa alimentación.


Facendo as observacións pertinentes


  • Estudo sobre “O pH do zume das plantas”

Collemos distintas hortalizas do horto e fixemos unha extracción do zume desas plantas. Despois empregamos un bioindicador natural que fixeron os alumnos, caldo de col lombarda, para comprobar cal era o pH de cada unha delas e na clase fixemos o tratamento dos datos. Podemos afirmar que roldan entre un pH neutro e básico, moi axeitado para o noso terreo.


Preparando o bioindicador

Caldo da col lombarda que cambia de cor en presencia do zume das plantas indicando distinto pH

  • Estudo sobre “ O rego das plantas”

Comprobamos  con distintas cantidades de auga que: As nosas macetas, cheas de substrato, non precisan máis de 40 mL de auga, pois o resto pérdese polos buratos da maceta. E agora tamén sabemos que regando as plantas dúas veces á semana e suficiente para o bo desenrolo da mesma.

Calculando a auga que quedaba retida na maceta

Seguiremos investigando e actualizando o blog con máis cousiñas.

Ata o mes que ven compañeir@s!