jueves, 10 de diciembre de 2020

O invernadoiro

 Xa temos un novo invernadoiro!!!. Agradecer de novo ao programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, pola axuda e a subvención ao noso proxecto do horto escolar. Grazas a eles, dispoñemos dun novo invernadoiro xa que o que tiñamos, foi derrubado polo temporal no mes de novembro.

A partires de xaneiro, comezaremos de novo o traballo na parcela do horto co acondicionamento do terreo e o asentamento do invernadoiro, que estamos a piques de recibir. É unha estructura de 6 x 4 mts, feito e comprado preto de Moraña. Contamos poñelo en marcha a comezos do segundo trimestre. 

Neste momento, temos en funcionamento os mininvernadoiros nas aulas onde contamos cos sementeiros, para despois transplantar no horto cando mellore o tempo, e teñamos instalado o invernadoiro citado anteriormente.




lunes, 28 de septiembre de 2020

Novo curso, novo proxecto medioambiental

 Xa estamos de volta nun novo curso despois do vivido no derradeiro trimestre do curso anterior. Foi un final de curso extraño, difícil e complicado debido ao Covid19. Desexamos que este curso que volverá a ser presencial, e que a pesares do comezo inmersos no protocolo e medidas de prevención anti Covid, sexa un curso levadeiro con moita seguridade, hixiene para continuar con saúde todas e todos. 

Estamos a valorar o cambio ou modificación das actividades do proxecto orixinal, baseado no programa de Voz Natura e do noso horto escolar, por mor da situación actual que esixe: distancia social, ventilación, máscara, e hixiene de máns a cotío. 

A ver como evoluciona a situación epidemiolóxica nos primeiros meses de curso 2020-21 e retomaremos e adaptaremos as actividades, para que cumpran as indicacións, protocolos  e recomendacións de Sanidade e Consellería de Educación

martes, 31 de marzo de 2020

A ciencia dende a casa

 Ola rapaces,

Debido a pandemia actual, trasladamos as ensinzanzas-aprendizaxes da ciencia, do proxecto do horto escolar do colexio (Voz Natura) e todas as actividades programadas, ao formato online a través do google site habilitado para tal fin. Haberá modificacións e algúns cambios por mor da situación e do entorno virtual escollido. Cada semana iremos publicando as tarefas e actividades para realizar dende este mes de marzo ate o mes de xuño. Estade atentos e esperamos sexa do voso agrado. Podedes acceder a través do seguinte enlace: O rincón de 5º

Que a ciencia e o coidado da natureza non pare!!!.

Moito ánimo e a coidarse moito


lunes, 23 de marzo de 2020

Meteorólog@s dende casa


A meteoroloxía é a ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que se producen nela, polo que  nos permíte predicilo tempo.

No horto precisamos coñecelo tempo para planificar as labores pertinentes en cada momento pero… como podemos predicilo tempo?



As nubes fórmanse no ceo pola condensación do aire. A temperatura de condensación determinará o tipo de nube que se formará. Clasifícanse segundo o seu desenrolo; poden ser altas, medias, baixas e verticais, dependendo da altitude á que se encontren.

Aquí vos deixo un póster interactivo co tipo de nubes que podemos atopar no ceo, cunha breve descrición  do que nos indican. Así poderemos facer unha interpretación meteorolóxica!!

Só tedes que facer un click aquí: MeteoNubes

Estes días, vai a estar o tempo cambiante, podedes dedicar uns minutiños a observar o ceo desde a vosa ventá e, coa axuda do póster, clasificar os tipos de nubes que vedes e facer unha predición do tempo.


Boa semana meteorólog@s!!


Referencias e fotografías:
Aguado, E., Burt, J. (2015). Understanding Weather and Climate. EEUU: Pearson.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Os pigmentos das follas




*Deixovos aquí unha breve explicación das tarxetas que fixemos fai un tempo, por se queredes completalas na casa.



Os pigmentos son unhas moléculas que absorben e reflexan luz, é así como producen as cores.

A clorofila é o pigmento principal das follas das plantas, necesario para facer a fotosíntese. Este pigmento absorbe todas as cores da luz excepto a verde, que é reflexada, por iso as plantas teñen esa cor.

Pero as plantas tamén teñen outros pigmentos que reflexan outras cores, os máis comúns son:

  • Os carotenoides, que son un grupos de pigmentos compostos por:

- Carotenos: Dan cores laranxas ou marróns. Son moi abundantes     nas cenoiras.

- Xantofilas (ou luteínas): Dan as cores amarelas tan abundantes no     outono.


  • As antocianinas proporcionan unha ampla gama de cores, dende vermellos, morados ata azuis, dependendo do pH da planta. Podemos ver a súa presenza nos pétalos das flores.



As follas presentan maioritariamente estas cores no outono porque é cando comezamos a ter menos periodos de luz e polo tanto prodúcese menos cantidade de clorofila, e van xurdindo novas cores que estaban enmascaradas.



Un saúdo hortícola para tod@s!


lunes, 16 de marzo de 2020

Preparados ecolóxicos para os cultivos


Bos días hortícolas!

Este mes toca quedarnos na casiña por mor do coronavirus, polo que non podemos saír a coidar dos nosos cultivos pero, o que si podemos facer é seguir aprendendo sobre o seu coidado.

Como xa sabedes , o horto do colexio e ecolóxico… Que quere dicir isto?

Este termo fai referencia á ecoloxía, ciencia que estuda a relación dos seres vivos co seu entorno. Ecoloxía provén das palabras gregas oikos (casa) e logos (estudo), polo tanto a ecoloxía é a ciencia que estuda o noso fogar. 

E que é ecolóxico? Un produto ecolóxico é aquel que foi elaborado sen dano para o medio ambiente, a saúde ou o benestar; tanto animal coma vexetal.

Así pois, deíxovos unhas receitas para preparar infusións e outros preparados ecolóxicos que nos axudarán a protexer os nosos cultivos.


Pero...cales son os beneficios destes preparados?

PURÍN DE ORTIGAS

Acarcida
Insecticida
Fertilizante
Funguicida

INFUSIÓN DE CEBOLA

Funguicida
Insecticida

EXTRACTO DE ALLO

Acaricida
Bactericida
Funguicida
Insecticida
Rodenticida



Lenda:

Que significa…?

Acaricida

Prevén fronte ácaros.
Bactericida

Prevén fronte bacterias.
Fertilizante

Contén nutrintes de forma asimilable polas plantas.
Funguicida

Prevén fronte fungos.
Insecticida

Prevén fronte insectos.
Rodenticida

Prevén fronte roedores.

Se tedes un pequeno horto urbán na casa, xa sabedes! Estes días podedes facer insfusións de cebola e extracto de allo para os vosos cultivos!

Se tedes algunha dúbida escribide polo blog! E así mantemos o contacto hortícolas!

Saúdos!

viernes, 28 de febrero de 2020

Remate dos traballos de investigación


Este mes rematamos os nosos traballos de investigación no laboratorio. Algúns deles  presentarémolos ó concurso Luis Freire de Investigación Científica na Escola que organizan os Museos Científicos Coruñeses. Déixovos aquí o enlace por si queredes visitar a súa web e  botar un ollo ás actividades de divulgación científica tan interesantes que fan durante todo o ano: 


Aquí tedes algunhas das imaxes dos traballos que realizaron os rapaces seguindo o método científico:

  • Estudo científico-artístico “Os habitantes do horto”

Os alumnos fixeron un colaxe para explicar nunha presentación os seus compañeiros toda a información obtida na investigación sobre os habitantes do horto.

Mural final do colaxe

  • Estudo sobre “Os caracois”

Despois de investigar sobre o seu xénero descubrimos que son hermafroditas e poden actuar tanto de macho coma de femia. Aproveitando os terrarios decidimos observar que clase de alimentos lles gustaba máis e como era a cor das súas defecacións dependendo da súa alimentación.


Facendo as observacións pertinentes


  • Estudo sobre “O pH do zume das plantas”

Collemos distintas hortalizas do horto e fixemos unha extracción do zume desas plantas. Despois empregamos un bioindicador natural que fixeron os alumnos, caldo de col lombarda, para comprobar cal era o pH de cada unha delas e na clase fixemos o tratamento dos datos. Podemos afirmar que roldan entre un pH neutro e básico, moi axeitado para o noso terreo.


Preparando o bioindicador

Caldo da col lombarda que cambia de cor en presencia do zume das plantas indicando distinto pH

  • Estudo sobre “ O rego das plantas”

Comprobamos  con distintas cantidades de auga que: As nosas macetas, cheas de substrato, non precisan máis de 40 mL de auga, pois o resto pérdese polos buratos da maceta. E agora tamén sabemos que regando as plantas dúas veces á semana e suficiente para o bo desenrolo da mesma.

Calculando a auga que quedaba retida na maceta

Seguiremos investigando e actualizando o blog con máis cousiñas.

Ata o mes que ven compañeir@s!


viernes, 31 de enero de 2020

Os primeiros raios de sol do ano



Este mes tivemos un pouquiño de tregua de chuvias, así que aproveitamos para comezar a facer os primeiros traballos no horto.Tivemos que aparcar as nosas investigacións ata novo aviso, pero a verdade é que xa tiñamos moitas ganas de comezar cos traballos hortícolas.

Enchendo e removendo o composteiro polo equipo de compost


A nosa labor este mes foi a de preparar os terreos para os primeiros transplantes de inverno: Abonar, traballar na preparación da compostaxe, limpar as herbas espontáneas dos espazos que imos usar para os sementeiros que temos no laboratorio... foron algunhas das tarefas que fixemos,







Unha vez listo a terreo labramos o trigo e as cenorias. Os transplantes que levamos a cabo foron de leitugas, e varios tipos de coles. Pero imos ter que protexelas ben, porque estas hortalizas encántalles ós caracois e tódolos anos temos que buscar remedios ecolóxicos para que non se dean un festín con elas.




Ademais foi un mes de limpeza, toda a que non puidemos facer nos meses de outono polos temporais. Por certo, comezamos a época de poda, revitalizando as nosas árbores para que crezan máis sas e fortes.


Volvemos o mes que ven compañeir@s!