miércoles, 27 de mayo de 2015

¡Remata o curso e remata o proxecto por este ano!

Aínda quedan unhas semaniñas de clase pero a actividade de Horto Escolar remata co mes de maio.
Eu estou encantada de ter formado parte deste proxecto, espero non ser a única e que o ano que ven o colexio poida continuar con esta iniciativa.

Tamén se pecha a edición de Voz Natura 2014/2015.
Coma tódolos anos, o peche será unha gran festa que terá lugar no parque Acea de Ama, en Culleredo o día 6 de Xuño, dente as 11:00 ata as 19:30 h.

Haberá unha exposición cos traballos dos colexios participantes e actividades de moitas clases: hinchables, xogos, competicións deportivas, actuacións, exhibicións...

O acceso ó parque será libre e gratuito para todo aquel que queira ir ó igual que as actividades, todas gratis. O parque conta con zonas nas que se pode xantar se levades comida e tamén ten bares e pulperías se o preferides.

Aquí tedes unhas indicacións sobre como chegar ó parque.
E aquí un mapa e unhas recomendacións.

¡Estades todos convidados!






No hay comentarios:

Publicar un comentario