viernes, 26 de mayo de 2017

Hotel de bichos

Como remate final do proxecto "bechos" decidimos construír unha zona no horto que atraiga insectos beneficiosos para nós.

  -  Qué insectos atrae esta estructura? O hotel para bichos está consturído de tal forma que se favorezcn refuxios para uns determinados insectos que nos interesen, como poden ser as abellas, as tixeretas, os cempés, os escaravellos, as arañas de xardín ou as crisopas.

  -  Qué fan estes insectos por nós? Pois ben, estes insectos encárganse tanto de polinizar as plantas do horto como previlas de certas pragas, como pode ser o pulgón, pois aliméntanse de insectos que causan estragos nas nosas colleitas.

  -  Qué facemos nós por eles? Construímoslles múltiples refuxios onde poidan habitar de maneira permanente ou transitoria, sen preocupárense por que os devoren animais máis grandes. Para iso utilizamos palla, pedras, tellas, ladrillos, madeira, paus de podas...

O resultado é un resort  con tódalas comodidades para os nosos pequenos amigos.

Montando a estrutura

Podando o bambú para despois cortalo


Enchendo ladrillos con palla


Seleccioanando os paus
Facendo refuxios con grava

Colgando macetas con palla


Hotel finalizado

miércoles, 24 de mayo de 2017

Experimentos de laboratorio con 3º

Esta semana levamos ós alumnos e alumnas de 3º  ó laboratorio de novo, para realizar dous experimentos que tanto lles gustan:
  -  Maxia con cores: Neste sinxelo experimento, explicado paso a paso nos vídeos que vos deixo a continuación, obsérvase o cambio de cor nos líquidos utilizados como resultado das reaccións químicas que teñen lugar entre os compostos disoltos neles.

 
Parte 1
 


                                                                       Parte 2

- Inflar un globo sen soplar: Para iso utilízase únicamente bicarbonato e vinagre. Primeiro introducimos o bicarbonato no globo que queremos inflar. Despois enchemos o cú dunha botella de pequena con vinagre. Por último, vaciamos o contido do globo na botella e... globo inflado! Deixovos un link cos pasos a seguir, para que o probedes na casa. https://www.youtube.com/watch?v=tcmJSvWqDRw


lunes, 15 de mayo de 2017

Facendo espantallos


Os espantallos son moi útiles para escorrentar aqueles paxaros que se alimentan das sementes acabadas de sementar ou ben dos froitos de plantas xa maduras, estragando as colleitas. Para evitar perdas e divertirnos un pouco, fixemos varios tipos de espantallos:
 - Cos alumnos de 3º de Primaria fixemos un espantallo tradicional, con forma de boneco. Para iso empregamos palla que trouxeron dous alumnos e roupa vella. Tras unha votación decidimos chamar ó novo protector do horto Fermín.

Fermín
 
3ºB

3ºC

3ºA

  - Con 5º de Primaria fixemos espantallos máis sofisticados, con formas de muíño de vento e de flor. Os rapaces traballaron moito e pintáronnos eles mesmos.

Facendo os espantallos
Espantallo polbo colgante


Pintando as flores


Espantallo de flor



sábado, 13 de mayo de 2017

Compostaxe en Compañía de María

Queredes saber cómo facemos compost no colexio Compañía de María? As alumnas e alumnos de 3º explícannolo neste vídeo (fragmentado en dúas partes).


Parte 1


Parte 2

miércoles, 10 de mayo de 2017

Cambios no horto

Estamos a experimentar unha serie de novos cambios nos nosos dominios:
    - O máis fermoso deles é o relativo ós nosos cultivos. Estes estan a medrar que da gusto. Á maioría deles xa lles podemos ver a flor e algúns xa botaron froito, como é o caso dos chícharos ou os amorodos. Qué boa pinta teñen!

Apañando as nabizas
Patacas e bolboreta



Amorodos


Flor de cabaciño
Vainas de chícharos


         - O outro cambio é que rematamos de pintar o alpendre por dentro! Levounos unha semaniña de esforzo, pero valeu a pena. O cambio é impresionante e a cor branca permite que se sexa un espazo máis luminoso no que poder traballar. Agora só queda pintalo por fora, para que o cambio sexa completo. 


Alpendre sen pintar
Empezando a pintar

Alpendre xa pintado