viernes, 28 de noviembre de 2014

As abellas

Dise que se as abellas (Apis mellifera) desapareceran da Terra o resto da vida desaparecería ó pouco tempo.
Isto é debido a que son as principais polinizadoras do planeta e, polo tanto, as responsables da reproducción da mayoría de plantas.

Imos aprender un pouquiño sobre a vida destes insectos tan importantes.
As abellas viven en colonias que forman colmeas e organízanse nas seguintes castas ou clases sociais.
  • Raíña: Cada colmea ten unha única abella raíña. É a única femia fértil e, polo tanto, a nai de tódalas demáis abellas da colmea. ¡Pon máis de 1000 ovos ó día! Pode reproducirse de forma asexual xerando só machos ou de forma sexual xerando só femias.
          As raíñas nacen iguais a calquera outra femia abella pero dende o primeiro día e durante toda a vida son alimentadas só con xelea real. A alimentación é tan importante que non só provoca cambios fisiolóxicos moi aparentes senón que aumenta a vida da abella raíña ata os 4 ou 5 anos, en lugar dos entre 30 e 120 días que vive unha abella obreira. É a única abella que pode picar máis dunha vez sen morrer.

  • Abellóns: Ou zánganos (en castelán) son os machos da colmea.A raíña sae nun voo nupcial seguida dos abellóns. O máis forte e rápido será o primeiro en acadala e aparearse pero despois morrerá.Tamén axudan a manter quentiña a colmea para as crías e colaboran na producción do mel. Non poden picar porque só as femias teñen aguillón.


  • Obreiras: O resto das femias, as traballadoras da colmea.Pequenas, estériles e cun aguillón aserrado que causa a súa morte se pican ó quedar atorado e desprender o abdomen. As obreiras pasan por distintos “postos de traballo” según a súa idade:
o   Limpadoras da colmea
o   Amas de cría
o   Cereiras ou constructoras de panais
o   Almacenadoras de alimento
o   Gardiás frente a outras abellas (que non abellóns)
o   Ventiladoras que xerán correntes para deshidratar o néctar
o   Encargadas da colleita de néctar, pole, própole e auga


O vídeo seguinte é un exemplo do fermoso sistema de comunicación das abellas, baseado en danzas coas que falan da dirección e distancia á que atopar flores.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Sabías que...?

Na natureza fórmase o humus (unha versión mellorada do compost) moi pouco a pouco nos chans dos ecosistemas pero ¿sabías que hai outros animais que fan os seus “composteiros"?

Hai un pavo en Australia (Alectura lathami) que forma montóns de materia orgánica misturando excrementos, ponliñas e tódolos restos vexetais que atopa e os usa como niño. ¿Para que? Xa temos falado da calor que pode xerar o compost, pois este paviño tan espabilado aproveitao para incubar os seus ovos.
O pavo Alectura lathami
O pavo no seu monte de compost

Tamén os térmites africanos (Macrotermes michaelseni) fan montóns pequeniños de compost con pulpa de madeira e outros restos, nos seus termiteiros. Estes animaliños o fan co mesmo propósito ca nós: preparar a terra para cultivar os seus alimentos.

Os térmites aliméntanse dun fungo (Termitomyces) que precisa para medrar un chan ben abonado co compost. Os térmites non só preparan a terra, tamén podan o fungo e lle dan os coidados que precisa, como auténticas hortelás.

Térmites no seu xardín de fungos

jueves, 20 de noviembre de 2014

Que compostar?

Agora que temos o noso composteiro caseiro montado e listo para comezar o proceso de novo preguntámonos ¿Que podemos botar?

Ainda que a longo prazo toda a materia orgánica é susceptible de seres compostada hai algúns productos máis axeitados ca outros, xa sea polos compostos que conteñen ou por algún inconvinte.
Algúns productos vexetais son duros de máis, poden causan reaccións indesexadas, realentizar o proceso ou enriquecer a mistura nun composto que non queremos ter en moita cantidade.


Aquí temos un resumo dos residuos que podemos compostar, os que imos evitar e aqueles cos que, por algún motivos, temos que ter coidado.


Sexa cal sexa o producto que queramos compostar temos que trocealo ó máximo, canto máis pequenos sean os anacos máis rápido será o proceso, pois os microorganismos que descomponen a materia terán o aceso máis fácil.

martes, 18 de noviembre de 2014

O noso compost

No noso hortiño xa temos preparado algo de compost do ano pasado, rico en carozos e peladuras das mazás das nosas maceiras e restos da poda, que aportan moito fósforo, potasio e nitróxeno.

Para facelo tomamos, a modo de composteiro, dous capachos de uns 80 litros de capacidade cada un os que lle fixemos un buratos na parte baixa que permiten saír a auga sobrante. Puxemos uns soportes e unhas tablas de madeira a modo de tapas e ¡voilà! Xa temos composteiro, fácil e todo reutilizado.

Sabemos que o compost está listo para ser usado cando ten un aspecto máis ou menos homoxéneo, non podemos distinguir con que se formou e ten un cheiro a humus ou mantillo que non resulta molesto. Para saber se ten o punto perfecto de humidade temos a proba do puño.Collemos un puñado do compost e o apretamos un pouco, ten que quedar compacto pero sen rebosar auga. Se a auga nos escorrega pola man está demasiado húmido e se queda todo disgregado está moi seco.


O noso compost quedou un pouco húmido de máis pero dentro do aceptable, especialmente tendo en conta o húmido que é Santiago.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Compostaxe

Video sobre como elaborar compost casero a partires de materia orgánica de refugallo.

A compostaxe é un proceso que nos permite reciclar os residuos de materia orgánica que producimos nos nosos fogares e na horta convertindoós nun fantástico abono para facer medrar as nosas prantas fortes mediante a descomposición dos mesmos.
Esta descomposición é a mesma que ten lugar de forma habitual na natureza só que deste xeito podemos usala para reciclar os nosos residuos e controlar tódolos factores para que teña lugar en menos tempo, máis cantidade e sexa rica nos compostos que precisan os nosos cultivos.

A materia orgánica descomponse de tal xeito que quedaremos só co 30% do peso dos residuos en forma de abono. Deste xeito por cada 100 quilos de produtos de refugallo orgánicos que vertamos no noso composteiro obteremos só 30 quilos de compost.
Hai moitas técnicas para facer compost: temos a compostaxe por capas, facendo niveis de distintos materiais; a vermicompostaxe, na que nos valemos das miñocas de terra;  a que se fai en sofisticadas composteiros e a que se leva a cabo amontoando os residuos…
Segundo a técnica coa que levemos a cabo a compostaxe e as condicións atmosféricas podemos tardar dende menos de 3 meses a máis de 9 e a pila pode chegar a acadar temperaturas de ata 70 graos, aínda que podemos chegar a formalo sen que se eleve tanto. As variacións de temperatura débense ás distintas especies de bacterias que van a descompoñer a materia.


As bacterias non son os únicos seres vivos que nos van axudar neste proceso. Xa falamos das miñocas, que sempre son benvidas, pero tamén os vermes, nematodos, protozoos, ácaros e arañas, lesmas e caracois interveñen para facer un bo compost. Pese toda esta axuda é bó que nós removamos a mestura de cando en cando, una vez por semana, por exemplo. Tamén debemos estar pendentes da humidade, manténdoa intermedia.