lunes, 21 de septiembre de 2015

Arrancamos!!

Estamos no mes de setembro a programar e orientar o novo proxecto do horto escolar.Contamos xa neste curso cun bolseiro perito agrícola i ex alumno do centro, Roi Martínez Valladares, esperamos que sexa unha experiencia gratificante para él e para nós e que todos os participantes disfrutemos desta iniciativa ecolóxica e didáctica.
Durante este mes, baixaremos ao horto a replantear os cultivos, parcelas, rotacións e a recoller os froitos que quedaron do verán.
Os alumnos de 5º e 6º comezarán coas actividades programadas de limpeza, acondicionamento, preparación do terreo, división de parcelas, etc...Iremos contando pouco a pouca as actividades mes a mes por parte dos alumnos colaboradores, e por min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario