domingo, 26 de marzo de 2017

Proxecto "bechos"

Estamos comezando cun novo proxecto cos alumnos de 3º de Primaria, que pretende un maior coñecemento e unha sensibilización co mundo dos insectos, mediante o estudio e o coidado destes animais. Así, despois de ver o documental La vida de los insectos, pedíuselles ós alumnos e alumnas de cada clase que pensasen nun bicho para traer e coidar na clase. Os bichos escollidos foron os insectos pau, saltóns e caracois. 

Con estes insectos, primeiro fíxose unha acividade de investigación nas casa, para coñecelos ben e saber como coidalos. Os alumnos trouxeron moreas de información, e a moitos deixoúselle que a lesen na clase, para o resto dos compañeiros. 








Posterioemente, fixemos unha actividade de investigación nas aulas. Para iso, fixemos dúas columnas nun folio: Nunha delas escribimos todo o que sabiamos de animal e noutra preguntas que nos fomos facendo na clase: Cómo se comunican entre eles? Por onde respiran? Para qué serven as antenas? Nacen con cucha ou sen ela? A cunha crece con eles ou van cambiándoa?
 





martes, 21 de marzo de 2017

Día Internacional dos Bosques

Este día de celebración mundial dos bosques bríndanos a oportunidade de concienciarnos sobre a importancia de todos os tipos de ecosistemas boscosos , e de celebrar as diferentes maneiras nas que os bosques nos manteñen e protexen. Como exemplos dos beneficios das árbores para nós e para o planeta enteiro pódense mencionar:
   - A madeira é unha fonte de enerxía renovable e ten múltiples usos.
   - Cuntribúen a unha maior calidade de vida e ao aforro enerxético nas zonas urbanas.
   -  Axudan a frear o cambio climático
   -  Fomentan o desenvolvemento sustentable
   - Parmiten a vida de múltiples animais e de outras plantas.


Para conmemorar este día, explicóuselle ós alumnos de 2º de Primaria a forma axeitada de plantar unha árbore, tanto a partires da semente como mediante transplante. Ademais, fixemos unha pequena actividade con eles: A planatción dunha espiral de aromáticas, que atraerán co seu cheiro a miles de polinizadores ó horto. As plantas escollidas foron: fiuncho, menta, lavanda, albahaca e romero.







  

lunes, 13 de marzo de 2017

Unha mañá en Belvís

As alumnas e alumnos de 5º de Primaria asistiron estes días a unha actividade promovida polo CIPX (Centro de Interpretación de Paisaxes e Xadíns) denominada "Unha mañá en Belvís". Esta actividade dividíase nunha charla sobre aves (características, hábitats, curiosidades e conservación) e nunha saída dicáctica polo parque de Belvís, onde aprenderon sobre a cultura, as plantas e o coidado do medio ambiente.








 Para rematar, o guía levounos polas hortas veciñais, onde aprendimos novos trucos para usar na nosa horta e novas plantas e asociacións que poder plantar na nosa horta.





A visitia tan entretida que os rapaces e rapazas quedaron con moitas ganas de voltar. A ver se repetimos para o ano!

miércoles, 8 de marzo de 2017

Facendo os sementeiros

Boas! Coa entrada de Marzo e co final do inverno xa preto, comezamos a facer os sementeiros que conterán as hortalizas elixidas polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria.

Para iso, utilizamos tubos de cartón, provenientes do papel de cociña ou do papel hixiénico. Este é un método ecolóxico de plantación, pois reutilízanse os tubos de cartón que normalmente tiraríamos ó lixo. Ademais, ó seren biodegradables, pódense introducir na terra ó transplantar a planta, aportando materia orgánica beneficiosa para o chan.

O proceso de plantación é moi sinxelo, e quedou moi ben explicado por dúas das nosas alumnas de 5º, aquí vos deixo o vídeo. Anímosvos a que probedes este método!!




Nota: É conveniente cortar os tubos de cociña á metade, para que non sexan tan longos.