viernes, 21 de diciembre de 2018

As cores do outono


Boas Compañeiros/as! 
Xa levamos un tempiño sen pasarnos polo blog. As continuas chuvias as que o inverno compostelán xa nos ten acostumados non nos dan moita tregua para poñer a punto o horto, pero non pasa nada porque así tamén podemos gozar do laboratorio do cole que seguramente botaremos de menos cando saia o sol.

E dado que non para de chover, no laboratorio falamos da importancia da auga. Os nenos e nenas que traballan no horto xa teñen moi claro que a auga é necesaria para o bo crecemento dos nosos cultivos, é fonte de vida pero, na auga hai vida? Isto foi o que comprobaron no laboratorio os rapaces. Eles mesmos prepararon unha mostra de auga doce estanca na que puideron identificar distintas especies microscópicas tanto de orixe animal coma vexetal. Esta experiencia sen dúbida fainos ver a auga con outra perspectiva.

Que puidemos ver?

Táboa Microorganismos. Elaboración propia.
Microinvertebrado de auga doce.




Pero ademais de traballar no estudio da auga tamén traballamos coas cores do outono. Se hai algo que nos chama moito a atención nestas datas son as paisaxes tan fermosas cheas de diversas cores. Cores coma o amarelo, vermello, castaños ou verdes de distintos tons debuxan unha natureza que nos fai soñar. Pero estas cores están sempre nas follas? Quen é o responsable de que as follas cambien de cor?

Para festexar a semana da ciencia en galego fixemos unhas tarxetas coas cales respondemos a estas preguntas que tódolos anos nos facemos. E quedaron ben chulas!


Tarxetas das cores do outono.
As moléculas (pigmentos) son as responsables das  distintas cores que presentan as follas. Todos coñecemos a clorofila pero esta non é a única, hai moitas máis! Elas encárganse de absorber e reflectir a  luz de distinta maneira para así ensinarnos diversas cores.
Cando os días comezan a acurtarse e as follas a caer das árbores, a clorofila marcha! E con ela marchamos nós tamén…pero non vos preocupedes, que volvemos despois do nadal!
Vémonos no horto, en compañía! J

jueves, 1 de noviembre de 2018

VOLVEMOS A HORTA EN COMPAÑÍA!



Benvidos e benvidas ao novo curso!
Xa estamos de volta cos alumnos e alumnas de 3º e 5º de primaria para poñer a punto, un ano máis, a nosa horta! Temos moitas ideas na cachucha para este novo curso, pero imos ir pasiño a pasiño para convertelas en proxectos de a pé.
Este ano comezamos cunha boa limpeza da horta. Toda a herba acumulámola para facer mulch, unha cobertura natural que empregaremos para protexelo solo dos centos de alertas laranxas ás que o inverno Compostelán nos ten acostumad@s.
Recollendo a herba para o Mulch.

Por certo! Xa recollemos do compostador o abono que fixemos o curso pasado e estamos moi content@s de ver a gran calidade deste compost. Agora podemos dicir que somos todos uns expert@s composteir@s! Esta compostaxe utilizarémola para facer os primeiros sementeiros do ano e tamén para abonar as nosas parcelas.


Apañando o compost deste ano e facendo sementeiros con el.


Outra tarefa do mes de outubro foi a recolecta. Patacas, cenorias, pementos, tomates e fabas foron algunhas das hortalizas que puidemos coller. Pero non só de hortalizas senón tamén de sementes que serán destinadas para as sementeiras deste curso escolar.
Hortalizas e sementes a piques de apañar.


Algunhas das hortalizas usámolas para darlles de comer os nosos vermes xa que, como sabedes, o ano  pasado, xunto cos alumnos de tecnoloxía industrial, construímos uns  vermicomposteiros, e este verán naceu a segunda xeración de vermes. O sustrato que nos deixan estes pequenos animais é incríbel! Moi escuro, cheo de nutrientes e sen olores!!
O noso rico e nutritivo compost!

A pena é que xa chegan as chuvias…pero non pasa nada!  porque temos preparadas actividades  alternativas no laboratorio do colexio. De feito, como estudamos a fotosíntese en ciencias naturais, aproveitamos para ver ao microscopio óptico os estomas, esas pequenas células oclusivas que se encontran nas follas das nosas plantas, que se abren e se cerran para permitilo paso de osíxeno e dióxido de carbono entre o interior e o exterior da planta.  E os pequenos de 3º puideron ver os tricomas das ortigas, eses peliños que nos botan ácido fórmico e nos causa unha sensación moi molesta. Menos mal que coa menta da horta aliviámola ben rápido!


Estomas da planta dun porro.
 Imagen: biologiageotollon.blogspot.com



Tricoma de ortiga.
Imagen: ecoosfera.com


Iremos contando boas novas ó longo do curso! Podedes comentar e darnos ideas. Este blog é de tod@s e para tod@s! 
Aprendendo xunt@s. Contigo, no horto, en Compañía!

viernes, 4 de mayo de 2018

COIDANDO DOS NOSOS CULTIVOS


Por fin saíu o sol, e con el nós!

Estivemos a facer moitas cousas no horto, transplantes dos sementeiros, de herbas aromáticas, carteis que identifican os cultivos da horta, pero tamén coidamos o que xa temos! E para protexer aos noso cultivos das pragas, das enfermidades e das carencias nutricionais que podan ter, estivemos elaborando infusións e puríns, algo que resultou moi divertido e onde puidemos participar todos!

Fixemos infusións de allo, moi boas para espantar pragas, e puríns de ortigas, para aportar nutrientes as plantas. As elaboracións saíron moi ben! e tamén o pasamos ben, incluso houbo algún que mentres picaba os allos metía algún na boca! e outros que mentres recollían as ortigas tiveron algún picor, pero nada que non resolvera a menta que temos na horta! Para iso está!

Faremos máis infusións! e botarémolas nas nosas plantas, para que crezan vigorosas e sans!
Transplantando a leituga

Sacando as herbas espontáneas da escarola

Preparando o purín de ortigas

lunes, 9 de abril de 2018

VISITA DAS MESTRAS COMPOSTEIRAS AO COLE


Esta semana visitáronnos as mestras composteiras da deputación de Pontevedra. Elas son as encargadas de manter os composteiros comunitarios que hai en varios dos concellos desta provincia.

As mestras ensináronlle os rapaces cal é o seu traballo, ademais de falar sobre a importancia de reciclar a materia orgánica e crear un novo material como é o abono.

Trouxéronnos unhas mostras de compost en diferentes etapas da súa descomposición e os rapaces puideron observar e clasificar as distintas especies de macroinvertebrados presentes nas mostras. Foi moi divertido!

Ademais tivemos a sorte de que os alumnos de tecnoloxía industrial fixeron uns vermicomposteiros para o noso horto, que son uns compostadores onde os encargados de producir o abono son os vermes. Xa os estreamos!! e estamos dándolle de comer os vermes bebés!
Escoitando as mestras composteiras

Comprobando a temperatura do noso composteiro

Vermicomposteiros feitos polo alumnado de tecnoloxía insdustrial.

viernes, 23 de marzo de 2018

OS INSECTOS


Boas a tod@s! 
A agricultura sempre foi da man dos refráns, algúns coma “marzo marzadas, aire frío e sarabiadas”,“vento marzal, bo temporal” ou “febreiro louco e marzo outro pouco” son moi axeitados  á hora de describir o tempo cambiante dun mes tan importante no horto como marzo. Pero aproveitamos ben estes días de chuvia, pois estudamos moitos dos insectos que habitan no noso horto, e tamén sobre outros que non coñeciamos.
Ti sabías que a xoaniña ten o sentido do olfacto nas súas patas? E que move 85 veces por segundo as súas ás?  E sabías que se alimenta, xunto coa crisopa, dos pulgóns que habitan nas árbores froiteiras do horto? Ou que hai un insecto chamado grilo topo que provén do norte de África? Todo isto e moitas cousas máis aprenderon os nosos alumnos durante este mes en horto. Eles mesmos elaboraron uns traballos ben xeitosos sobre os insectos que habitan no horto.  Buscaron información sobre eles, o seu nome científico, como son, de que se alimentan, ou que papel importante desempeñan no noso horto.
Aquí vos deixo algunhas das maquetas que elaboraron os rapaces. Sen dúbida son uns artistas!
Xoaniñas

Mantis relixiosa

Grilo topo

Ouruga

Crisopa

Xoaniña

 
Bolboreta

lunes, 5 de marzo de 2018

Revista Hortícolas

Estamos a crear a revista dixital "Hor-TIC-olas", que pretende recoller noutro formato o que acontece ou se leva a cabo no horto escolar e nas áreas implicadas.Neste primeiro nº informa brevemente do proxecto do invernadoiro. A ferramenta empreagada e Madmagz na súa versión gratuita.Espero vos guste e sexa útil para os vosos "quefaceres"


A mag created with Madmagz.

miércoles, 28 de febrero de 2018

Feira BioCultura A Coruña

Este ano celébrase por primeira vez a feira de Bio Cultura, na ExpoCoruña do 2 ao 4 de marzo.
Entre as diversas actividades programadas destaca a do sábado 3 de marzo a partires das 16:00 h na sala 3, adicada as xornadas de hortos ecoloxicos escolares, na cal imos participar coa exposición, presentación e charla do noso proxecto escolar do horto ecolóxico Compañía de María Santiago.
Asistiremos; Rebeca e máis eu (Tito) como coordinador do proxecto.
Alí poderemos ver e compartir con outras entidades sobre esta valiosa ferramenta multidisciplinar, que estamos a desenrolar no colexio dende o ano 2014. Así como outro tipo de actividades ou sectores relacionadas coa ecoloxía, co coidado do medio ambiente, a sensibilización, construcción, ecoestética, showcooking, productos,consumo responsable,etc,.. tan necesarios e importamtes en estos momentos.
Grazas á participación no Concurso de Hortos Ecolóxicos Educativos da Fundación Triodos, Mamaterra, e a Asociación Vida Sana no curso 2015-16, recibimos a invitación para participar nesta exposicón, feira e encontro.
Xa comentaremos a experiencia noutra entrada.
Podedes ver máis neste enlace debaixo:
Biocultura Exposición

jueves, 1 de febrero de 2018

SEMANA DA PAZ




Esta semana foi moi especial, celebrouse no noso colexio o día da paz, e espero que todos os que estades lendo este blog podades gozar dun sentimento de paz  dentro dos vosos corazóns. Animarvos a ter unha horta e traballala! sen dúbida fomenta esta sensación. E sabémolo ben no cole, pois os rapaces cada día traballan mellor en equipo coidando da vida que eles mesmos sementan.
Preparando o terreo
Traballando en equipo


Esta semana tamén  foi moi especial no horto, pois comezamos a axudar no proxecto que están a levar a cabo os alumnos de 5ºB de EP coa construción dun invernadoiro para o horto que comezaron a deseñar en matemáticas.  Un proxecto ambicioso que esperamos levar a cabo en comunidade e paz.
Imos informando!
:)

Proxecto Invernadoiro

Diario xeral do proxecto:

Comezo, feito:

Decembro 2017
-Lanzamento do reto.Presentación materiais (tubos, codos,..no blog mates e horto) e chuvia de ideas.Concurso de ideas.Esbozos por equipos.Debate, e posible esbozo definitivo (idea final, estructura elexida= cubo e aros).Invernadero a tipo túnel (dúas augas).
(Video Misión Invernadoiro)


Xaneiro 2018
-Medición de pezas pvc ( de 5 m.). Marcado cortes no horto e pavillón.
-Aula de Tecnoloxía: comprobar medicións, corte de listóns (2 m, 1 m, 2,5 m.).
-Charla informativa sobre a cola de pvc: usos, coidados a ter en conta.
-Colado e unión de tubos e codos axeitados á estructura no horto.
En proceso:
Durante esta segunda quincena de xaneiro e comezos de febreiro, continuamos coa construcción da planta 1 do invernadoiro con tubos de pvc de 40 mm.
Unha vez decidido a localización e a orientación, fixemos as medicións (nun principio, 6 m x 4 m, coa dúbida de 3,5 m de ancho) e delimitado la parcela onde va a ir anclado a estructura de pvc. A continuación, seguimos a colar as pezas da estructura da planta 1 (ver planos).
Tivemos uns pequenos "imprevistos ou erros" coas pezas de unión para algunha esquina, ao non dispoñer ou prever a súa forma, a súa conexión. (está a probar Bea (a profe de tecnoloxía) ou a deseñar unhas pezas coa impresora 3D,)

Tito, foi a ver a Ferrecal si terían unha peza para esa unión e problemente sexa resolta cunha peza en ángulo de 90º cun orificio baixante, pero de material de aluminio, de pvc, non foi posible.

viernes, 26 de enero de 2018

COMEZO DE PROXECTOS



Esta semana os nenos e nenas de 3ºEP comezaron a construír pluviómetros para poder medir a cantidade de auga que cae os días de choiva, anotarán eses resultados nunha táboa para poder coñecer ó longo do tempo como é a precipitación na nosa cidade e en consecuencia no noso horto.
Pluviómetro graduado
Colocando os pluviómetro no horto para a recollida da chuvia


Por outra banda, os de 5ºEP fixeron uns calendarios de sementeira, planificando os cultivos que queren sementar nos próximos meses. Están moi ilusionados! 

viernes, 19 de enero de 2018

SEMENTANDO MÁIS E MELLOR




Esta semana a dedicamos a sementar máis hortalizas para encher de vida a nosa horta, os rapaces sementaron pementos de Padrón, tomates e pementos morróns, agora temos que coidalos ben para ter una boa colleita.

A boa nova e que xa xerminaron as cenorias, agora temos que eliminar as herbas espontáneas para que non esgoten os nutrientes que precisan as nosas hortalizas, é un pouco difícil porque aínda son moi pequeniñas, pero pouco a pouco as vamos diferenciando do resto.
Sacando as herbas espontáneas


viernes, 12 de enero de 2018

FELIZ ANO!




Despois dunhas semanas de nadal volvemos a horta con moito traballo por diante, Os rapaces tiveron que dedicarse ó mantemento do horto para poñelo a punto.
Removelo composteiro, rarear os sementeiros de leituga foron algunhas das tarefas desta semana, pero sempre queda un pouco de tempo para sementar, pois houbo que poñelos cultivos de inverno como as fabas, as cebolas, os allos e os chícharos, agora a esperar que xerminen.
Aireando o composteiro
Delimitando a zona sementada