jueves, 21 de diciembre de 2017

CIENCIA EN GALEGO!


Esta semana foi a semana da ciencia en galego e estivemos a realizar un montón de experimentos en tódolos cursos. Os alumnos e alumnas de 3º e 5º de EP  de horto escolar non ían ser menos e tamén tiveron as súas experiencias no laboratorio.
O que quixemos foi trasladar o horto ao laboratorio. Así pois fixemos cromatografías coas follas do horto, nelas puidemos observar que pigmentos teñen as distintas follas.
Ademais  traballamos ca materia e cunha das propiedades máis importantes, a densidade. En 3ºde EP fixemos lámpadas de lava e en 5º de EP a simulación dun arco da vella nunha probeta.

Déixovos unhas fotos destas sesións tan divertidas!
Experimentos feitos!

A Lámpada!

Enchendo de aceite e auga o recipiente da lámpada

Arco da vella listo

Preparando o arco da vella

Botando o colorante na lámpada.
Engadindo os distintos materiais


Coa ciencia despedímonos ate o ano que ven y vos desexamos un bo nadal e próspero aninovo.

Vémonos a volta, no 2.018!

Saúdos!

viernes, 15 de diciembre de 2017

AS FOLLAS DO OUTONO


Encontrámonos a finais do outono e o noso horto está cheo de follas que caen das árbores, de diferentes cores e tonalidades. Aproveitamos a gran riqueza destas para coñecer un pouquiño mellor todas as especies que temos, a forma das súas follas e as propiedades de cada árbore.

Tamén recollemos as follas para protexer o solo onde aínda non temos cultivos, para protexelo das xeadas propias do comezo do inverno.




Por outra banda, os máis maiores estiveron coñecendo en clase un pouquiño máis sobre o proceso de compostaxe, os materiais que se poden usar e os microorganismos que participan neste proceso. Xa o estamos poñendo en práctica, pronto vos ensinaremos o noso abono! ;)

jueves, 14 de diciembre de 2017

Lanzamos o reto: proxecto invernadoiro

PROXECTO INVERNADOIRO
Comezamos o proxecto con 5ºB e farán aportes de campo ou taller, puntualmente 5ºC e 5ºA por problemas de "organización e loxística" (son casi 80 alumnos para organizar!!). As fichas das áreas curriculares sí as farán, evidentemente os tres cursos, dende matemáticas e coa metodoloxía de gammificación.

5ºC e 5ºA colaborarán e continuarán o "Proxecto Patio Dinámico 2017 Fase II" (1ª fase foi con 6º este curso pasado), que xa lles contaremos no aula durante estos días e durante o 2º trimestre (proxecto interdisciplinar tamén)

Claves proxecto Invernadoiro:
Pasos proceso do producto (método Kanban) ("por facer (pendentes), en proceso (facendo), feito (neste caso, farémolo a través dun mural interactivo como é padlet). 

Recomendaciones.Valoracións)
-Lanzamento do reto:(parcela 4 m x 6 m).Materiais: tubos PVC (40mm.) de 5 m. cada un
-Chuvia ideas (individual, parellas e equipo: dinámicas cooperativo (1,2,4 e folio xiratorio).Reparto de tareas membros do equipo.Funcións.
-Recollida de datos (dixital, pendrive, papel, diario de equipo, blogs,..)
-Deseño, esbozo.Estructura. Vistas: perspectivas, alzados, frontal, cuberta a dúas augas,..). Posibilidade da cuberta de cana de bambú (bioconstrucción)??
-Borralleiro en papel.
-Búsqueda de información (netbooks ou ipads), materiais, unións (codos, cruz, L, T, ..).
-Medicións a pé de "campo" e materiais.
-Deseño definitivo (propostas dos equipos). Esbozo gañador.

Procesos a realizar ou que intentamos acadar: 
-Investigación.
-Seguimento do proceso e lograr plasmar en formato dixital, grabacións (móvil, tablet, cámara..)a montaxe.
-Posibilidade da creación dun videotutorial (TouchCast, ou outra app similar).Todo o proceso será recollido e plasmado nos diferentes formatos comentados anteriormente.
Á volta de vacacións debería estar en marcha o proxecto, para finalizar o produto a mediados de marzo (antes de semana santa ) ou a primeiros de abril 2018.

viernes, 8 de diciembre de 2017

AS FASES LUNARES E A SAVIA DAS PLANTAS


Durante esta semana e coincidindo coa última súper lúa do ano, vimos as distintas fases lunares e a influencia que teñan na agricultura.

Así como as mareas son influenciadas pola atracción da lúa, a savia das plantas tamén. Se coñecemos a relación do movemento destes nutrientes a través das plantas, dependendo do estado lunar no que nos atopemos, poderemos obter cultivos de maior calidade e realizar as tarefas de mantemento cando mais conveña.

Aquí vos deixo un pequeno debuxo onde se explica a relación do movemento da savía e a fase lunar.
AS FASES LUNARES E AS PLANTAS

viernes, 1 de diciembre de 2017

OS TROPISMOS






As leitugas que sementamos fai semanas  xa  xermolaron,  agora están tomando o sol e nutríndose ben para poder alimentarnos a nos dentro duns meses.

Grazas ao experimento que fixemos de sementar algunhas leitugas na horta e outras no laboratorio, agora podemos ver con moita claridade como crecen as plantas buscando a luz.

 O fototropismo  é unha resposta da planta ante o estímulo luminoso, onde a planta crece cara a luz alongando o seu talo feble. Por outra banda as leitugas que xerminaron no horta teñen as follas moito mais grandes e un talo bastante mais pequeniño e forte.

Á esquerda temos o sementeiro do invernadoiro e á dereita o do laboratorio


Temos que diferenciar o fototropismo do heliotropismo, pois o fototropismo implica o crecemento da planta cara a luz, e o heliotropismo soamente implica o seu movemento cara a luz.
Tamén puidemos ver no horto casos de tigmotropismo, esta é unha resposta direccional dunha planta ao contacto cunha superficie sólida, o efecto é o crecemento arredor dela.
Tigmotropismo

viernes, 24 de noviembre de 2017

AS FERRAMENTAS DO HORTO




Esta semana os alumnos de 3º de EP coñeceron un pouquiño mais acerca das ferramentas que manexamos no  horto. Para que sirve e como se utilizan foron aspectos que vimos tanto na aula coma no horto. É importante coñecer as nosas ferramentas para poder facer un bo uso e así facer un bo mantemento do noso horto.


En 5º de EP estivemos coidando do horto, recollendo as follas das árbores e as mazás do chan para preparar a compostaxe de cara a primavera e tamén transplantamos escarola, hortaliza moi utilizada nas ensaladas.
Preparando os materiais para elaborar compost

Preparando o terreo para transplantar escarola
Recollendo as follas para o proceso da compostaxe


viernes, 17 de noviembre de 2017

VARIEDADE DE NIÑOS NA NATUREZA




Ola a todos/as!

Esta semana tivemos unhas aulas moi interesantes e todo grazas a colaboración dos pais e das nais dos nosos alumnos, pois trouxéronnos distintas estruturas de niños, entre elas puidemos ver un niño  de Mantis relixiosa (ou Santa Teresa) e coñecer un pouquiño mais sobre este insecto de grandes ollos que ten as súas patas dianteiras recollidas ante a cabeza provistas de espiñas para suxeitar as súas presas.
Niño de Mantis relixiosa


Tamén observamos distintas estruturas de niños de aves, un feito con musgo, liques  e pelos de animais e outro feito con ramas e follas das árbores, todos eles moi ben feitiños.
Niño de ave


Por último puidemos ver o da vespa velutina, con larvas no seu interior en distinto momento do seu desenvolvemento! Os nenos xa coñecen ben esta vespa asiática e a ameaza sobre as poboacións das nosas abellas.
Niño de vespa velutina

viernes, 10 de noviembre de 2017

SEMENTEIROS DE LEITUGA


Durante esta semana fixemos sementeiros de leituga ademais dun invernadoiro para poder protexelos ata a xerminación. Pero non todos os grupos sementaron no horto, algúns deixaron os seus sementeiros no laboratorio para ver se as sementes crecen igual estando no interior ca no exterior.
Sementeiros no invernadoiro

Sementeiros no laboratorio

jueves, 2 de noviembre de 2017

SEMENTANDO, TRANSPLANTANDO E GOZANDO DO SAMAÍN!





Esta semana a pesar do festivo traballamos moitísimo! Os alumnos de 3º de EP traballaron o terreo para facer o transplante de espinacas e acelgas que trouxemos da aldea. Ademais sacaron e limparon as sementes das cabazas para gardar e sementar na primavera. Por outra banda os alumnos de 5º de EP sementaron cenorias e decoraron as cabazas!

Sacando as sementes da cabaza para gardar no banco de sementes do cole.

Decorando as cabazas para o Samaín.

viernes, 27 de octubre de 2017

PLANO DO HORTO




Os rapaces teñen moitas ganas de sementar, pero antes temos que coñecer ben onde imos a facelo, temos que coñecer como é o noso horto. 

Esta semana fixemos, mediante grupos, planos do horto. No plano identificamos as parcelas que compoñen o noso horto e tomamos as medidas de largo e ancho daquelas que iamos usar para o cultivo. Despois, cun compás, determinados a orientación das parcelas e determinamos con cores as zonas de mais sombra e as zonas de mais luz. Todo isto será útil para coñecer o lugar mais axeitado para sementar.

Planos do horto

viernes, 20 de octubre de 2017

ESTUDANDO O SOLO




Por mor das chuvias (benvidas son) esta semana traballamos no laboratorio coñecendo un pouquiño o solo e a súa importancia. Para isto traballamos co concepto de permeabilidade, observándoa  nas diferentes capas polas que está composto o solo facendo un experimento, pasando auga polos distintos materiais que o conforman e observando o que sucede, e relacionamos o observado coa necesidade da auga para as plantas.

Ademais cos alumnos de 5º de EP observamos distintas estruturas vexetais ó microscopio e tamén á lupa, e observamos a fotosínteses no musgo.