viernes, 23 de marzo de 2018

OS INSECTOS


Boas a tod@s! 
A agricultura sempre foi da man dos refráns, algúns coma “marzo marzadas, aire frío e sarabiadas”,“vento marzal, bo temporal” ou “febreiro louco e marzo outro pouco” son moi axeitados  á hora de describir o tempo cambiante dun mes tan importante no horto como marzo. Pero aproveitamos ben estes días de chuvia, pois estudamos moitos dos insectos que habitan no noso horto, e tamén sobre outros que non coñeciamos.
Ti sabías que a xoaniña ten o sentido do olfacto nas súas patas? E que move 85 veces por segundo as súas ás?  E sabías que se alimenta, xunto coa crisopa, dos pulgóns que habitan nas árbores froiteiras do horto? Ou que hai un insecto chamado grilo topo que provén do norte de África? Todo isto e moitas cousas máis aprenderon os nosos alumnos durante este mes en horto. Eles mesmos elaboraron uns traballos ben xeitosos sobre os insectos que habitan no horto.  Buscaron información sobre eles, o seu nome científico, como son, de que se alimentan, ou que papel importante desempeñan no noso horto.
Aquí vos deixo algunhas das maquetas que elaboraron os rapaces. Sen dúbida son uns artistas!
Xoaniñas

Mantis relixiosa

Grilo topo

Ouruga

Crisopa

Xoaniña

 
Bolboreta

lunes, 5 de marzo de 2018

Revista Hortícolas

Estamos a crear a revista dixital "Hor-TIC-olas", que pretende recoller noutro formato o que acontece ou se leva a cabo no horto escolar e nas áreas implicadas.Neste primeiro nº informa brevemente do proxecto do invernadoiro. A ferramenta empreagada e Madmagz na súa versión gratuita.Espero vos guste e sexa útil para os vosos "quefaceres"


A mag created with Madmagz.