martes, 29 de noviembre de 2016

Construción de invernadoiros

Estas semanas estivemos traballando como tolos! Para que as plantas resistan ás duras condicións ambientais do inverno, é necesario a construcción de invernadoiros, que manteñan as plantas en condicións de temperatura favorable para o seu crecemento e que as resgarden dos fortes ventos e das xeadas.Por este motivo, estas semanas estivemos construindo dous invernadoiros distintos, reutilizando materiais gardados no alprendre.

Para un dos invernadoiros utilizamos aros de hula-hoop rotos, que introducimos na terra escavando a unha profundidade duns 50 cm. Posteriormente, colocamos unha malla antiherbas, para evitar o crecemento de plantas non desexadas e despois unimos os aros con talos de bambú e cinta americana. Por último, cubrimos o invernadoiro dun plástico transparente (que permite o paso de luz solar pero dificulta a súa saída, provocando así o aumento de temperatura na zona interior).



O outro invernadoiro construímolo reutilizando botellas de auga de 1,5 L. Deste modo os alumnos e alumnas aprenden unha forma de reutilizar un dos residuos máis abundantes e contaminantes do planteta: O plástico. En primeiro lugar, constrúimos torres de tres botellas, cortando o cu de dúas botellas e xuntándoas entre sí e con unha terceira (sen cortar). Para a unión das botellas utilizamos  cinta americana. Posteriormente, estas torres utilízanse como paredes do invernadoiro, cravando antes ramas de bambú no chan e introducindo as torres unha a unha. Para darlle unha maior suxeición, únense todas as botellas con cordel ou arame. Neste caso construímos tres paredes de botellas, e deixamos un lado do invernadoiro libre. Este lado será cuberto cun plástico de invernadoiro, ó que se colocará unha rama de bambú no seu extremo para que actúe a modo de curtina.





martes, 15 de noviembre de 2016

Porta restaurada

Xa temos a nosa porta completamente restaurada! Deixovos dúas fotos, do antes e do despois para que comparedes por vós mesmos. Eu creo que os resultados son espectaculares. Vós que pensades?

 

viernes, 4 de noviembre de 2016

Restauración da porta: Fase final

Lixando a porta para que quede uniforme
Unha vez seca a masilla, a porta líxase usando unha lixadora eléctrica ou manual e depois dáselle unha capa de imprimación (usando Xilamon). Esta capa asegura unha maior resistencia da porta á choiva e á humidade, moi necesario aquí en Galicia durante os meses outonais e invernais.

Geli botando a capa de imprimación


 Cando a capa de xilamon esté seca (1 ou 2 días) procédese a pintar. Neste caso nós utilizamos unha pintura lila especial para madeira, tamén resistente á humidade, que engadirá ó alpendre o toque de alegría que necesita. Ademais, temos pensado realizar debuxos de margaridas na porta a partir de plantillas, para que o lugar quede máis florido.

martes, 1 de noviembre de 2016

Plantación de bulbos con infantil


Hoxe estivemos plantando cos máis pequenos! Desta vez, en lugar de hortalizas, plantamos bulbos de seis tipos distintos de plantas con flor: azafrán, fresias, crocus, narcisos, tulipáns e iris. Así, inclúse este curso no proxecto "Enverdecer o colexio". 


A actividade en cuestión definiuse baixo o nome de “O xardín dos sentidos”, pois preténdese facer unha integración do proceso de plantación con cada un dos cinco sentidos: O tacto coa manipulación de terra, sementes, etc., a vista coa observación do proceso de crecemento da planta e dos insectos que habitan na terra, o olfato co recendo das flores, o gusto coa alimentación dos froitos que dean e o oído mediante a escoita do polinización das abellas. 


Nesta actividade tamén intervén o alumnado de 2º da ESO, pois están encargados de construír unha estrutura vertical con maceteiros na que se poidan depositar as diversas plantas. Para este fin destinaranse diversas horas da asignatura de Tecnoloxía. Esta estrutura fai uso duns tubos de pvc que estaban almacenados no alpendre, favorecéndo así á súa reciclaxe. En espera a que as alumnas e alumnos de tecnoloxía rematen coa fabricación do xardín vertical, os bulbos foron colocados pallets en testos individuais.