lunes, 2 de mayo de 2016

Actividade Abril e maio

Algunhas das actividades nos meses de abril e maio foron:


-Co acopio do material reciclado procendente do colexio e aportacións de alumnos e profesores, diseñamos varios invernadoiros de pequeno tamaño para facilitar a colleita de algunhas especies.

-Explicación do cambio climático e iniciar un debate entre todos para poder ter algunha opinión sobre o tema. A importancia do uso de transporte público e de reciclaxe son o temas máis interesantes que os rapaces recopilan como pilares fundamentales contra este fenómeno.

-Actividade nos días de choiva na que por grupos, puxéronse na pel de diferentes colectivos no ámbito da tala de bosques, observando, debatindo e poñendo en común as ventaxas/inconvenientes que podería ter. A finalidade será a mellora da oratoria en público, debate entre un grupo pequeno de compañeiros e observacións de diferentes puntos de vista.


-Debido as numerosas choivas e mal tempo, pospoñemos a maio o replanteo do invernadoiro grande. Destacar a presenza do pai arquitecto dunha alumna, que ofreceu unha pequena charla os rapaces sobre as diferentes metodoloxías posibles para a construción do invernadoiro e aspectos que temos que ter en conta, coma a orientación ou a topografía do terreo.


Actividades no laboratorio: A materia: estudio e comprobación das propiedades coma densidade, 
-Finalizando o estanque.
-Charlas de seguridade vial
-Charla sobre Tropas Verdes: reciclaxe, reutilización, 
-Continuamos coas patrulla verdes co comedor e fabricación de compost.
-Construción de aparellos e técnicas ecolóxicas para protexer e evitar as plagas de babosas e caracois nos cultivos con botellas de plástico, area, cunchas de mar, cinza, virutas de madeira,....





-Construción dun bancal de aromáticas e sementeira de coandro, macela, perexil, anís, alfábega e menta.
-Sementeira de flores variadas en soportes e varias zonas do terreo.

-Sementeira de patacas de Coristanco, leitugas (folla lisa de roble e rizada), cebolo, brécol, coles de bruselas, fabas, tomates, berenxenas, xudías, tirabeques e guisantes.

Seguimos ca interacción coa cociña do colexio, organizando os alumnos en "patrullas" (equipos cooperativos da aula) encargadas de levar cubos cada mañá e recollelos cheos de restos compostables. Tamén recollen cascas de ovo que usaremos en parte para achegar calcio ao compost e en parte para rodear os cultivos para repeler caracois e babosas, que danan gravemente os nosos coles.
A primavera anima os alumnos e comezan a traer, por iniciativa propia, as súas achegas ao horto como sementes para plantar (aguacate, perexil, cabaza xigante...) ou mesmo plantas xa xerminadas (aguacate, cabaza
, amorotes, porros...) que pasan a formar parte do noso horto.

Dentro da interacción dos diferentes programas educativos do centro, aproveitamos para poñer en valor os conceptos aprendidos nas clases de secundaria. Un dos rapaces de 2º ESO comprendendo alguna das leis físicas que adquirou na clase de ciencias, xunto con Tito o coordinador:


Vista panorámica do horto escolar


MAIO 2016
A mediados de mes celébrase no colexio o día da patroa, Santa Xoana de Lestonnac, festa solidiaria na que montaremos un posto cos produtos da horta e paneis explicativos do proxecto interdisciplinar.
Plantaremos novas especies como cenorias e algunhas leitugas máis, pois esperamos recoller pronto as que temos tanto en invernadoiro coma no exterior. Probablemente tamén poidamos recoller os coles rizados.

-Entutorado das plantas dos diferentes tipos de tomates, pementos, berenxenas, etc..

-Construcción dun banco con palets de reciclaxe para descansar, reflexionar, e resolución pacífica e dialogada de conflictos.(Programa de convivencia e mediación entre iguais).


-Banco de para o programa "resolución de conflictos entre iguais" e observación da natureza e relaxación!!nun entorno espectacular.Haberá algún máis proximamente.

Mini invernadoiro caseiro de leitugas.

-Colaboración de Teres: monxa da Orden da R.do Congo.Grazas as súas explicacións intercambiamos experiencias de cultivos da súa cultura.