martes, 19 de mayo de 2015

¿Malas herbas?

A primaveira tráenos flores, froitos, fai medrar os cultivos... ¡e as malas herbas!
O noso horto está plagadiño delas, mais... ¿Son tan malas ou é mala fama?

En realidade as malas herbas non son un grupo real de plantas, consideramos mala herba a calquera que medre de forma natural e autónoma entre os nosos cultivos, competindo con eles.
Desta forma, unha planta que noutro caso poderiamos incluso sembrar nós, será mala herba cando apareza onde non nos interesa. A menta é un exemplo claro.

Moitas destas plantas non só non son perxudiciais ¡algunhas poden ser moi beneficiosas!
Temos dous exemplos tremendos na nosa horta que ademáis medran coma tolas en toda Galicia: a estruga ou ortiga (Urtica dioica) e o mexacán ou dente de león (Taraxacum officinale).

A primeira xa a usamos no horto para facer purín, que aporta vitaminas ás plantas e axuda a loitar contra as plagas pero non se nos ocorreu comela ¡e pódese! A estruga é unha fonte de vitaminas e minerais coa que se poden facer infusións. ensaladas, batidos, sopas, recheos... ¡Coma calquera verdura! Ademáis ten propiedades medicinais moi diversas.

A segunda, o mexacán, úsase tamén na cociña: as súas follas tenras fan boas ensaladas e coccións. Tamén ten propiedades medicinais, principalmente depurativas e diuréticas.

Recordade, calquera planta con propiedades medicinais terá tamén contraindicacións, interaccions con medicamentos, modos de  preparación concretos e tamen doses determinadas. Haise que informar moi ben antes de usalas.


¿SABÍAS QUE...?
O nome científico do mexacán é Taraxacum officinale.
Se estades acostumados a leer nomes científicos de plantas saberedes que eso de "officinale" ou "officinalis" é bastante común... especialmente en aromáticas e malas herbas.
Pero ¿que quere dicir?
A traducción literal do latín é "que pertence á officina", referíndose ó almacén ou obradoiro de mediciñas dos mosteiros. Por tanto, calquera planta (ou animal) que inclúa no seu nome ese termo é ou foi utilizada con fins medicinais.


Déixovos aquí os links a dous páxinas fantásticas nas que aprender máis sobre o tema das "non tan malas" herbas e as súas propiedades.

O primeiro é o blog "Disfrutar con el Huerto y el Jardín" no que podemos aprender moito sobre horticultura en xeral pero, en especial, ten unha sección xenial sobre a identificación das flores silvestres.

O segundo é a páxina "La Farmacia Natural", que depende da Fundación Barrié e fálanos das propiedades medicinais de moitas dan plantas que temos nos nosos hortos, montes e camiños.



No hay comentarios:

Publicar un comentario