jueves, 2 de mayo de 2019

A beleza esplendorosa da nosa horta en primavera.



Boas compañeiros/as,

Seguimos con moitas tarefas dende o horto. Este mes de maio a horta encóntrase en todo o seu esplendor. Xa tivemos a primeira colleita de leitugas que algúns afortunados/as puideron deleitar na súa casa. Pero non soamente temos leitugas, se non que as amorodeiras están cheas!! E en breves poderemos deleitar os primeiros amorodos da primavera. 

Temos xa moitos dos cultivos ben crecidiños; acelgas, porros, trigo, cebolo , fabas… pero tamén creceu dabondo a herba, polo que estes días estivemos moi ocupados cortándoa e arranxando a horta. Aproveitamos para facer mulch, pois  xa que fai bo tempo dispersámolas herbas  polo terreo para facer herba seca e así protexer os nosos cultivos e a terra.
Colocando o mulch (acolchado ou mantillo para protexer os cultivos e o terreo)
Os nenos/as de 3º EP traballaron moito a paciencia neste trimestre, como? Aprendendo a facer titores para as plantas e atándoos  utilizando as propias follas das herbas do horto. O método é infalible! Non é doado pero é posible!
Facendo os titores para as fabas.
Os maiores tamén traballaron moi duro, limpando o noso gran muro de hedras, coidando das nosas árbores e hortalizas e traballando na prevención das pragas e enfermidades, tamén realizando o mantemento dos nosos compostoiros. 
Traballando xuntos tomando decisións no deseño da  horta.
Non hai que esquecer que estamos en mes de transplantes e todos os sementeiros que fixemos no invernos xa están a puntiño, dispostos a meterse baixo terra!

Dende o horto queremos destacar  que o día 25 de Abril foi o día internacional do ADN, celebrámolo no laboratorio facendo unha extracción do ADN de tomate. Foi toda unha experiencia poder velo ao microscopio. Os rapaces puideron observar a nai da diversidade, que non só os humanos temos ADN, se non tamén tódolos seres vivos incluídas as plantas!
Realizando a extracción do ADN de tomate.
Despedímonos ate o mes que ven e esperamos que a horta siga medrando, a este ritmo non nos cabe dúbida!

Vémonos no horto, sempre, en compañía! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario